Lourenzá, a 12 de Novembro do 2016.- A presidenta da Asociación Amas de Casa e Consumidores Baos de Lourenzá, Emma Álvarez, informou que dende a Asociación que preside se suman aos actos de repulsa contra a Violencia de Xénero, especialmente a exercida contra as mulleres.
Dende a Asociación e en colaboración con Mulleres en Igualdade de Burela e a Secretaría Xeral da Igualdade organizamos unhas Xornadas contra a Violencia de Xénero que consistirán nunha mesa redonda na que se abordará esta problemática. Terá lugar o vindeiro mércores 25 de Novembro no Salón de Actos da Casa da Cultura do Concello de Lourenzá as 20.00 horas.
A violencia que, nas súas distintas formas, física ou psíquica, se exerce contra as mulleres constitúe a máis clara manifestación das desigualdades que persisten entre mulleres e homes, constituíndo un atentado contra o dereito á vida, á seguridade e á liberdade, á dignidade e á integridade física e psíquica das víctimas e, polo tanto, un obstáculo para o desenvolvemento dunha sociedade máis xusta e igualitaria. Partindo desta base, a experta en violencia de xénero Alba Cao de Mulleres en Igualdade falaranos de como actuar en caso de violencia de xénero para seguidamente escoitar o testimonio dunha víctima desta lacra en primeira persoa, trátase de Ana Uría de Mulleres en Igualdade de Burela.
E posto que as situacións de violencia de xénero requiren unha resposta coordinada, eficaz e interdisciplinar por parte das distintas administracións, cerrará a mesa redonda Susana López Abella, a Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia que poñerá enriba da mesa as medidas de actuación dende a Administración ante un caso de violencia de xénero.
Remataremos o acto logo dun coloquio entre os e as asistentes, coa representación da coreografía “Abre tus ojos” interpretada por mulleres víctimas de violencia de xénero e voluntarias de Mulleres en Igualdade.
As persoas que acudan a esta cita poderán ver a exposición “Tod@s somos 016” do Canteiro – Artesán do Barrio dos Muiños en Mondoñedo Fernándo Vilariño.
As socias da Asociación repartirán lazos morados entre os asistentes que lucirán durante todo o acto como sinal visible da necesidade de seguir avanzando na loita contra a Violencia de xénero e mostra do compromiso da Asociación co obxectivo de alcanzar unha sociedade libre de violencia na que as mulleres gocen da dignidade e os dereitos que lles son inherentes, como corresponde a unha sociedade libre e democrática.





















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



