9 de novembro de 2015.- Este luns, 9 de novembro de 2015, presentámonos na sala de xuntas da consellería de educación varios representantes desta Confederación que fomos xunto con Nieves Villar, a nai de Malpica que se fixo coñecida nestes últimos tempos por defender o dereito do seu fillo enfermo a ter unha correcta e completa atención educativa domiciliaria.
Hai mes e medio que Nieves solicitou esa reunión co conselleiro, e foi esa solicitude a que motivou a convocatoria para hoxe e a nosa presenza alí. Pero mes e medio de agarda despois só tivo como resultado que o conselleiro non estivera, nin ningún outro representante político, senón que fomos atendidos por dous funcionarios da consellería, que nos deron como escusa desa non asistencia a “complicada axenda do conselleiro”; temos que lembrar que nós adaptamos as nosas axendas, igualmente complicadas e respectables, á hora, día e lugar no que nos convocaron, non ao revés.
O asunto que nos levou á pedir esta reunión non é menor, trátase do Dereito dun neno á educación. É lamentable, moi lamentable, que a persoa que está dirixindo a administración educativa galega, teña a insensibilidade de non se presentar a unha xuntanza pedida pola nai dese neno e á que el mesmo a convoca. Dá claramente idea de ata que punto estes representantes políticos carecen da conciencia da súa obriga de atención á cidadanía á que deberían servir.
Como xa estabamos alí, e tamén porque entendemos que os funcionarios que nos atenderon fixérono dun xeito profesional que non criticamos, utilizamos o tempo para debullar as bases das nosas demandas sobre a atención educativa na enfermidade, malia que indicando que iso debería ser obxecto non dunha senón de moitas xuntanzas específicas, e que podemos resumir nos seguintes puntos que se trataron:
– A importancia de elaborar unha normativa que estableza dereitos, non intencións, e que fixe cal debe ser a atención necesaria para cada neno ou nena enfermos. Avanzamos que a nosa demanda é fixar un estándar de 12,5 horas semanais.
– A urxencia de convocar unha comisión onde esteamos presentes todos os posibles actores destas situacións, profesorado, nomeadamente aqueles que xa contan con experiencia nesta atención, familias, administración sanitaria e educativa, e profesionais das ciencias da educación; porque se non se fai unha normativa escoitando a todos, o que se faga terá eivas que o inutilizarán.
– A necesidade de fixar un protocolo de actuación que faga que esta atención se ligue á diagnose clínica, dun xeito automático e inmediato, de tal xeito que as accións educativas, na medida na que as necesidades médicas o permitan, non se vexan cortadas en ningún momento. O futuro dun neno enfermo é ser un neno san, e a ese futuro ten que chegar fornecido de coñecementos e o máis cerca posible de onde chegaran os seus compañeiros e compañeiras.
– A necesidade de contar cun corpo abondo de profesorado con formación específica, para que todos os casos que xurdan poidan ser atendidos coa urxencia que necesitan.
– A importancia de que esa atención chegue tamén aos casos de ensino secundario, mesmo aínda con máis inminencia cando que son idades onde a enfermidade e a súa superación poden marcar moito máis a vida futura
Por último, fixemos especial fincapé en traballar agora mesmo en dúas direccións ao mesmo tempo:
– Atendendo aos nenos que agora están enfermos, porque precisan dunha solución inmediata e están actualmente mal atendidos.
– Traballando para mellorar a realidade coa que se van atopar os enfermos futuros, para o que ofrecemos toda a nosa colaboración.
Este martes 10 de novembro, explicaremos tamén isto na rolda de prensa que celebraremos en Malpica, no salón de plenos do Concello, onde estará Nieves Villar, xunto con Javier Sánchez, presidente desta Confederación e Bertila Fernández, a nosa secretaria.
Pero pensamos que a noticia de que o conselleiro convoca e non asiste merecía unha difusión rápida que vos agradecemos que fagades.























Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



