Lugo, 10 de novembro de 2015.- O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, o Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo; e a Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez supervisaron este luns as obras que o organismo provincial está a levar a cabo no Concello de Trabada, logo do derrubamento da Ponte do Bizarro.
Os técnicos do organismo provincial que se achegaron á zona constataron que, as causas do derrubamento poderían atribuírse a que a ponte estaba levantada sobre outra xa existente, na que se colocaron lousas pretensadas de 9 metros de ancho e dunha lonxitude de 26, 40 metros, e que descansan sobre unha estrutura xa existente de formigón, que se encheu e sobre a que se apoiaron as placas anteriormente mencionadas. De feito, tal e como informaron os técnicos, pódese apreciar que, na sección existente, as vigas sobre as que se apoiaron as lousas carecen do ferro necesario para que a ponte non se derrubara.
Darío Campos informou que “o tempo previsto para a reposición da ponte é de, aproximadamente, dous meses, previa redacción do proxecto e obtención dos permisos da Confederación; e está dotada cunha partida de 150.000 euros”. O Presidente explicou que “no día de mañá, e contando coa aprobación da Confederación Hidrográfica do Cantábrico, así como coa autorización do propietario da finca colindante, procederase ao descombro do curso do río, co fin de evitar que unha crecida do mesmo poida crear danos irreparables”.
Pola súa banda, o Deputado de Xestión Territorial destacou que “dende o primeiro momento a Deputación de Lugo iniciou o protocolo de emerxencia establecido para este tipo de casos, para velar pola seguridade dos usuarios da vía, e restablecer canto antes as comunicacións no Concello; todo isto contando doa colaboración dos Concellos de Trabada e A Pontenova, dos GES, e da Garda Civil”. Fernández Queipo explicou que a última ampliación da ponte está enmarcada dentro do proxecto do 2001, e que consistiu “en pór parches dunha calidade máis que dubidosa”.
Pola súa banda, a Alcaldesa agradeceu “a áxil resposta do organismo provincial” e explicou que “a Ponte do Bizarro é unha das máis utilizadas do Concello pois comunica ao Concello con Santirso de Adres e coa N-640, unha das estradas máis utilizadas da zona”. Así, Mayra García explicou que ”neste momento están as obras perfectamente sinalizadas así como a habilitación dos desvíos necesarios para manter as comunicacións no mellor estado posible”.
As novas vías de comunicación son a LU-P- 6102, de Pontepedrido por Vilaformán a Trabada; a estrada LU-132 Lourenzá-Vilafernando, ou a LU-P 6101 de Pedrido por Sante a A Ría”. Nesta liña, a Alcaldesa destacou que “faremos todo o que estea nas nosas mans para solucionar esta situación, canto antes, co fin de facilitar o día a día dos veciños e veciñas, non só do Concello, senón da zona”.





















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



