Barreiros, 18 de novembro de 2015.- A Tapería O Castro, de Barreiros, acolle este domingo, 22 de novembro, unha exposición e degustación de cogomelos como colofón das II Xornadas Micolóxicas organizadas pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas. O prezo da degustación, con diferentes variedades de cogomelos elaborados no restaurante en varias preparacións, será de 20 euros por persoa e está prevista para as 14:30 horas. Para participar na comida hai que reservar previamente chamando ao teléfono 679.455.109 e o prazo remata o venres.
O presidente do colectivo organizador, Ramón Becerra, explica que “a asociación Irmandade Augas Santas naceu para a posta en valor do espazo natural de Santo Estevo do Ermo e periodicamente organizamos rotas arqueolóxicas, de natureza e, neste caso, por segundo ano, as xornadas micolóxicas. É unha saída ao campo na que recollemos cogomelos e logo facemos unha degustación”.
“Nas xornadas colabora a Asociación Os Bolouros de Foz e o seu presidente, Jesús Blanco, é o que se encarga todos os anos de facer un seguimento dos cogomelos que se van cociñar, así que podemos estar completamente tranquilos de que non imos comer nada que nos faga mal”, advirte Becerra.
A saída para recoller cogomelos está prevista ás 9:30 horas do 22 de novembro dende a Praza do Concello de Barreiros. “Levaremos os coches e iremos buscando algún sitio aínda que probablemente repitamos o destino do ano pasado, que fomos a Trabada. Este ano a ver como está, non é que chovera moito ultimamente e non sei como andaremos de cogomelos, pero que non se preocupe a xente porque os que imos comer na degustación non van ser os que collamos precisamente ese día. Repartirémonos para non ir cada un no seu coche, iremos en grupos de 4 ou 5 para levar os menos coches posibles e contamos estar de volta sobre a unha ou incluso un pouco antes para poder facer unha pequena exposición dos cogomelos que recollamos na Tapería O Castro. A partir de aí o que queira quedarse a comer poderá e ao que non lle apeteza non se quedará. A xente que faga o roteiro non ten por que quedarse obrigatoriamente á degustación”, detalla Becerra.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



