A Xunta de Galicia pretende promover un modelo de atención á infancia no rural que facilite a conciliación da vida familiar e laboral, de xeito que axude a fixar poboación moza nos pobos e aldeas.
Así, coas casas-niño a Xunta inicia un proxecto pioneiro nas provincias de Lugo e Ourense para poñer a disposición das familias do rural uns servizos de coidado da infancia, de 0 a 3 anos de idade, naqueles concellos nos que non existen nin escolas infantís nin Puntos de Atención á Infancia (PAI), ao tempo que se potencia a posta en funcionamento de novas iniciativas empresarias en zonas rurais. Este modelo xa foi aplicado con éxito en varios países europeos e noutras comunidades do Estado, como Euskadi.
As casas-niño son domicilios particulares acondicionados axeitadamente para garantir todas as necesidades e a seguridade dos menores de 3 anos, e nos que unha persoa con formación no coidado á infancia acolle a un número reducido de nenos e nenas. Non teñen horarios estandarizados, senón que se adaptan ás necesidades de cada familia, e ofrecen atención persoal, educativa e social.
Para que as casas-niño sexan realidade no 2016 estase iniciando a formación dos potenciais interesados, unha formación especialmente dirixida a persoas en situación de desemprego que queiran apostar por unha iniciativa deste tipo.
Nestes momentos estanse a impartir en Lugo dous cursos, un de formación complementaria, para persoas que xa contan con titulación específica previa relacionada con este ámbito, e outro curso de formación integral, de 400 horas de duración. A delegada territorial, Raquel Arias, visitou este xoves ás alumnas que participan nesta actividade.





















As actividades desenvólvense durante esta fin de semana na capela e a área recreativa do alto da Grela, que acollen os actos litúrxicos e a romaría respectivamente, con animación musical, verbena e un espectáculo infantil entre outras propostas.
Os Bombeiros de Vilalba excarceraron ao condutor ferido que quedou atrapado no interior do vehículo. O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 16:20 horas desta tarde. Un particular informaba a esa hora dun coche envorcado na LU-P 6501, quilómetro 40 en Rioaveso, ao seu paso por Cospeito (Lugo). Indicaba que no interior do vehículo había unha persoa ferida, consciente pero que non podía saír. Con estes datos, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil de Tráfico e ao persoal de mantemento da vía.Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron a excarceración do ferido para posteriormente ser trasladado polo persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Trátasde dun grupo coñecido pola súa posta en escena humorística e teatral, que combina música tradicional con estética de taberna e espírito festivo. O evento celebrarase o 22 de maio ás 23:00 horas na Rúa do Cobo nº 18, cun prezo de entrada de 5 euros. As persoas asistentes están convidadas a traer instrumentos para sumarse á foliada. A actividade conta con presenza en Facebook, Instagram e TikTok, onde se pode seguir a programación e novidades do espazo.
Será o sábado 23 de maio, nas Letras no Campo, Feira do libro ribadense, nun acto no que estará acompañado de Suso Fernández Acevedo.
O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
O mozo ciclista continúa a demostrar o gran nivel desta tempada, na que suma xa un primeiro posto e un terceiro nas últimas probas das Escolas de Ciclismo da Federación Galega. Uns resultados que reflicten o seu esforzo, constancia e paixón polo deporte. O Concello tamén quixo poñer en valor o traballo do club Medela MTB, pola súa aposta pola formación e polo deporte base, acompañando aos máis novos no seu crecemento deportivo e persoal. Desde Cervo trasladan os parabéns a Mateo e á familia Medela, e destacan o orgullo polos éxitos e pola excelente tempada que están a realizar.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.



