Lugo, 13 de novembro de 2015.- O portavoz do Grupo Popular no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro asegurou que “os autónomos e os emprendedores foron claves na recuperación económica e o Goberno de Mariano Rajoy estivo ao seu lado, apoiándoos con medidas concretas que permitiron facilitar a súa actividade”. Barreiro fixo estas declaracións tras reunirse coa ACIA, a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz.
O portavoz do PP no Senado recordou que co PSOE os autónomos “quedaron á súa sorte na peor etapa da crise”. Entre 2008 e 2011 déronse de baixa do réxime de autónomos máis de 340.000 persoas e destruíronse 177.000 empresas, a maioría pymes. “Con todo, as políticas impulsadas por Mariano Rajoy permitiron que hoxe teñamos 96.113 autónomos máis que ao comezo da lexislatura”, subliñou José Manuel Barreiro. “Nestes catro anos -continuou- os autónomos crearon 238.000 empregos netos”.
A continuación Barreiro explicou as medidas que permitiron facer efectivo este cambio, entre as que destacou a Lei de Emprendedores, a Segunda Oportunidade e o Plan de Pago a Proveedores.
“O Plan de Pago a Proveedores salvou da bancarrota a moitos autónomos e permitiu manter máis de 400.000 postos de traballo”, sinalou o líder do PP de Lugo. Por outra banda, a través da Lei de Emprendedores e a Segunda Oportunidade, o Goberno estableceu un novo marco económico con vantaxes fiscais e axudas ao financiamento que facilitaron a súa actividade económica.
Maior flexibilidade para autónomos e emprendedores
Neste sentido, o dirixente popular destacou a tarifa plana de 50 euros para os novos emprendedores e a posibilidade de capitalizar o 100% de paro nun único pago ou utilizar unha parte para iniciar a súa actividade. Ademais, coa segunda oportunidade increméntase a súa protección xa que poderán recuperar a prestación por desemprego ata 5 anos despois de iniciar a súa actividade emprendedora.
José Manuel Barreiro explicou que tamén se mellorou a conciliación xa que os autónomos dependentes poderán contratar a unha persoa en caso de conciliación por baixa maternal, coidado de fillos ou persoas dependentes. Ademais, a contratación de familiares colaboradores seguirá tendo unha bonificación do 50% durante os 18 primeiros meses.
Barreiro destacou que as medidas que adoptou o Goberno están destinadas “a beneficiar aos que máis o necesitan” e puxo como exemplo a extensión da tarifa plana de 50 euros ás vítimas de terrorismo e de violencia de xénero e a ampliación dos incentivos para discapacitados e o incremento da protección xurídica aos traballadores autónomos económicamente dependentes.
Así mesmo, o presidente do PP de Lugo puxo de relevo os incentivos do Goberno á creación de emprego estable, co contrato indefinido de apoio aos emprendedores ou a tarifa plana de 100 euros á contratación indefinida, á que se acolleron máis de 180.000 persoas. “Se seguimos este rumbo haberá cada ano máis de 100.000 novos autónomos, superando os 3,6 millóns en 2019”, matizou José Manuel Barreiro.
Apoio ao comercio minorista
Barreiro recordou que o Goberno tamén puxo en marcha medidas de apoio “destinadas ao crecemento e mellora da competitividade do comercio minorista”, que abarca máis de 500.000 empresas no noso país e supón máis dun 5% do PIB. Entre elas o dirixente popular destacou a creación da licenza exprés para a apertura de novos establecementos e as liñas ICO para dotalos de maior liquidez. “Grazas a estas medidas e ao esforzo dos comerciantes e emprendedores hoxe a actividade comercial crece en España ao 4,6% e o emprego no sector do comercio minorista encadea 16 meses de subidas”, concluíu o presidente dos populares lucenses.
A Asociación de Comerciantes de Foz
A Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz foi constituída en 1988 para impulsar a actividade empresarial na Mariña, especialmente a relacionada co pequeno comercio. Na actualidade forma parte da Federación Galega de Comercio e ten como finalidade converter esta comarca lucense nun referente para os autónomos e emprendedores que queiran desenvolver a súa actividade e un punto de encontro para os potenciais compradores.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



