Grupo Municipal Popular de Burela.- O pasado día 12 visitou Burela, por vez primeira desde as eleccións municipáis, o Presidente de Portos de Galicia, persoa afable e dialogante onde as haxa. Unha visita cunha finalidade, pero que coma todas as visitas de políticos con responsabilidades de xestión e de goberno podía acabar dando bastante máis de si, se se enfoca con intelixencia.
Por parte do noso grupo político, o PP, acudiron dous concelleiros que se levaron unha monumental sorpresa pola ausencia do alcalde, e o absoluto descoñecemento que os representantes do goberno local que se personaron no porto “demostraron” sobre os asuntos portuarios. Sorpresa máis grande se cabe polo innumerable número de veces que o alcalde tén saído nos medios informativos con asuntos de Portos, mesmo xa desde os primeiros días de goberno.
Por eso, por ter reiterado tantas veces a necesidade de reunirse con Portos de Galicia, o alcalde só estaba xustificado para ausentarse desta visita por dous motivos: un, que lle surxise un asunto do ámbito privado, que podía ser o caso e polo tanto sería totalmente disculpable, por suposto; ou, dous, que fose a Lugo a axudar a resolver o lío que o PSOE tén montado na Diputación, que por outra parte e como se ve onde dixo “digo” agora di “diego”, mui propio da súa forma de actuar.
Fóra deso, o alcalde tiña a obriga de estar. De estar, e de preguntar por todo o que leva falado na prensa sobre o que lle vai pedir a Portos e sobre o que quere facer no porto. Sen entrar a valorar as peticións (cousa que requeriría máis espacio e tempo; algunha, por certo, mui demagóxica pero irrealizable), sí coidamos que o alcalde está deslexitimado para pedir nada, porque se non se sabe nin tan siquera estar, mal se poder saber pedir con xeitiño.
O alcalde, que polo que vemos, e sabemos de boa tinta, se comunica con outras administracións a través dos medios (a partires de agora haberá que denominalo “alcalde 2.0”, pola súa virtualidade…), encaixou mui mal as críticas que lle fixemos. Mal feito pola súa parte, porque no fondo sabe que temos razón. Cómo nos pode tachar de “infantís” quen reacciona ante as críticas pedíndonos que dimitamos? Cómo nos pode tachar de “irresponsables” o irresponsable que se ausenta dunha reunión que lle veñen facer á súa casa, por asuntos que lle interesan para a súa casa? Cómo nos pode acusar de “falta de nivel” o que pón o seu nivel a cero mediante o escaqueo sistemático, escapándose cando o asunto non lle convén?
Se algo deixa traslucir este asunto da visita de Portos, é que o alcalde 2.0 encaixa mui mal as críticas, que se cabrea bastante cando o contradín, e que así demostra a súa verdadeira cara…. Que se vaia tranquilizando porque como pouco ou nada é capaz de xestionar (á vista está quén xestiona, e quén se convirte en “virtual”…), vai provocar máis momentos para que o cabreemos máis, e máis intesamente, e de paso axudarlle a mostrarse como é.
Pero o cabreo subíu de tono cando o pasado día trece o noso portavoz e anterior alcalde se entrevista co Conselleiro de Política Social da Xunta de Galicia, algo lóxico por outra parte. O cabreo do alcalde actual, alcalde 2.0, subíu de tono, e bramou cargando contra outras institucións, decindo que eso non era cousa nosa, que así non se facía oposición, pouco menos que o único que podía ter esas reunión era el, e que tiñamos que dimitir todos… Mui malos modos, que deixan á luz moitas carencias.
A realidade é mui outra. Este alcalde 2.0 leva cinco meses e medio falando na prensa sobre o porto, sobre a nova escola infantil, entre outros temas; cinco meses e medio; e nese tempo non foi capaz de falar con ninguén, non sólo de eses temas senón de ningún. Tanto é así, que o pasado venres día trece ainda non enviara ningunha petición de entrevista cos asuntos a tratar nin a Portos nin á Consellería de Política Social. E moito nos tememos que ainda non fai a algún sitio a onde xa tiña que ter ido. Esta é a triste realidade.
Non aceptamos leccións do alcalde 2.0, do alcalde que fala e fala, pero que en cinco meses e medio aínda non foi capaz de reunirse con ninguén. Nós vamos seguir reuníndonos con quen estimemos oportuno para mirar polos intereses de Burela, que non o dubide ninguén, lle guste moito ou nada ó alcalde 2.0. Mellor que se poña as pilas, que o tempo pasa rápido, porque vemos que os proxectos que realmente interesan para Burela están como estaban hai seis meses. Así que o alcalde 2.0 xa pode poñerse a traballar, que boa falta lle fai traballar algo.
GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE BURELA.



















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



