Mondoñedo, 6 de novembro de 2015.- Da comezo o concurso fotográfico da Anpa Amolou do I. E. S San Rosendo.
Bases:
• Dirixido a: todos os alumnos do I.E.S.
• Tema da fotografía: Camiño Norte de Santiago, ao seu paso por Abadín, Mondoñedo e Lourenzá.
• Valoraráse: naturalidade da fotografía e orixinalidade.
• Modo de participación:
1. Enviar email a: anpamolou@gmail.com. Tamaño máximo 20 Megas.
2. Inserir dous arquivos diferentes, nun irá a foto máis un título e o pseudónimo, e no outro o nome e os apelidos do autor co curso. Podendo enviar 5 fotografías como máximo.
• Data de recepción de correos: o 30 de Novembro, sendo ésta a data límite para participar.
• O xurado estará composto por membros da A.N.P.A, profesorado do instituto e unha persoa especializada.
• Os premios poderán ser declarados desertos polo xurado.
A participación neste concurso implica a cesión da imaxen fotográfica, a conformidade e a aceptación das bases así como das decisións tomadas polo xurado e a interpretación das mesmas.
Premios:
125 € repartidos en vales de 60 €, 40 € e 25 € que se poderán gastar en calquer librería dos tres concellos.
Colaboran:
I.E.S San Rosendo e a Diputación Provincial de Lugo