A Banda Municipal de Música O Landro de Viveiro ofrece o sábado 21 de novembro o Concerto de Santa Icía no Teatro Pastor Díaz a partir das 21.00 horas. A formación interpretará, na primeira parte, “Alpine Fanfare”, de Franco Cesarini; “The Witch and the Saint”, de Steven Reineke; e “Buffalo Dances” de Robert W. Smith. A segunda estará protagonizada polos novos solistas, cada un na súa especialidade: Nerea Fernández, Raúl Vidal, Adan Gómez, Bruno Ramil, José Maseda e Jose Carlos Díaz e Gabriel Fernández.
Concerto de Santa Icía da BMMV
Concerto de Santa Icía da BMMV
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162