Burela, 27 de novembro de 2015.- ElPozo Murcia recuperou a súa mellor versión para volver gañar no Palacio dos Deportes, non o facía dende o 3 de outubro, por 8-3 a un Burela Pescados Rubén que opuxo resistencia durante a primeira parte aínda que acusou o cansazo na segunda. Coas baixas de Matamoros, Hélder e Renato e o seu segundo partido en catro días a escuadra burelesa afrontou o desafío ante os murcianos cun fondo de armario limitado, circunstancia que os charcuteiros aproveitaron para impoñer un ritmo alto desde o inicio.
ElPozo marcou o paso dun partido que comezou cun gol afortunado para os locais, nunha carambola o balón acabou na meta burelesa (1-0) pero a resposta visitante foi inmediata. Nun rápido contragolpe Antoñito asistiu a Iago Míguez que estableceu o 1-1, minuto 8. Os murcianos insistiron nas súas posesións longas e a súa presión en zona alta que afogaba a saída laranxa aínda que sen xerar excesivo perigo a Edu, salvo por un par de disparos afastados. A igualada rompeuse cun golazo de Suazo pola escuadra (2-1). A resistencia mariñá era firme pero no último minuto chegou o 3-1 por mediación de Josema.
Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación ElPozo aumentou as revolucións para encarrilar o partido cos goles de Álex e Juampi. O 5-1 era unha subida moi pronunciada e o Burela Pescados Rubén intentou co porteiro xogador cambiar a dinámica. A boa presión local minimizou a aposta laranxa e no tramo final emerxeu a figura de Miguelín que con dous excelentes golpeos case seguidos situou o 7-1, minuto 36. ElPozo relaxouse e os burelaos aproveitaron para marcar dous tantos máis, Matteus en propia porta e Chino (7-3) pero Raúl Campos quixo participar na festa local selando o 8-3 definitivo.
Ficha técnica
ElPozo Murcia: Rafa, Adri, Álex, Miguelín, Lima -cinco inicial- Matteus, Raúl Campos, Bebe, Lolo Suazo, Juampi, Josema, Lorenzo.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Jorge Bellvert, Isi, Iago Rodríguez, Chino -cinco inicial- Antoñito, Iago Míguez, Chano,
Goles: 1-0, m.8, Antoñito (p.p); 1-1, m.8, Iago Míguez; 2-1, m.14, Lolo Suazo; 3-1, m.20, Josema; 4-1, m.25, Álex; 5-1, m.27, Juampi; 6-1, m.35, Miguelín; 7-1, m.36, Miguelín; 7-2, m.38, Mateuss (p.p); 7-3, m.39, Chinés; 8-3, m.40, Raúl Campos.
Árbitros: Bernabéu Haro, López Jiménez. Amosou cartón amarelo a Matteus de ElPozo Murcia e Antoñito do Burela Pescados Ruben.
Incidencias: Partido correspondente á 13ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no Palacio dos Deportes de Murcia.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
