CADERNOS DA VIAXE. Ao longo dos seis anos e medio do mandato de Feijóo como Presidente de Galicia asistimos á liquidación do noso subsistema financeiro (arestora temos un superávit de aforro de case 14.000 M€ que se inviste nos proxectos doutros) e da nosa industria eólica, que perdeu 4.000 dos seus 5.000 empregos. Tamén á absoluta falla de ideas e solucións para o noso sector naval, lácteo ou mar-industria. Gandeiros, armadores e mariñeiros do cerco na rúa, ducias de milleiros da nosa mocidade mellor preparada na emigraciòn…e o Goberno galego só sabe ollar a Madrid sen iniciativa ningunha parar esolver os nosos problemas económicos, Problemas que teñen a ver co feito de que os nosos alicerces proutivos son anecdóticos a respecto do PIB español, polo que os nosos intereses nunca contan no concerto estatal. O que fai o noso desenvolvemento económico e o noso benestar moi dependente das nosas capacidades de autogoberno.
Mais o que si sabe Feijóo é demitir das súas responsabilidades na nosa ordenaciòn aeroportuaria e facer campaña inserindo, con cargo aos fondos públicos, suposta publicidade institucional que, en realidade, constitúe o primeiro acto da precampaña das xerais do PP. Por certo, unha publicidade na que Feijóo anova o seu compromiso co “café para todos” que nos equipara á Rioxa, Murcia ou Extremadura. Na que se manifesta implicitamente conforme coa continúa recentralización dos últimos tempos e cun deficientísimo grao de autogoberno que nos impide desenvolve políticas sociais e económicas que fosen quèn de guindarnos da recesión e da continúa crise dos nosos principais sectores produtivos.
Velaí a ocasión das eleccións xerais do 20-D e das vindeiras autonómicas para unha fonda remuda na dirección deste País. Para recuperarmos unha gobernanza pensada na cidadanía e nos intereses de Galicia. Mais se o PP deixou hai moito de ser PPdeG, pregándose a unha visión centralista que subordina os nosos intereses económicos, as esquerdas nacionalista e rupturista demostraron estas semanas a súa incapacidade para artellar unha resposta política moderna, en clave tanto dos intereses do País como os das maiorías sociais.Unha resposta demandada por ducias de milleiros de cidadáns desencantados. Un fracaso que haberá pesar no noso futuro.
Xoán Antón Pérez-Lema

















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



