A Mariña, 25 de novembro de 2015. O venres e o sábado, 27 e 28 de novembro, catro restaurantes da comarca acollerán a cuarta edición do Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña lucense en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, da Xunta, e que se desenvolveu dende a última fin de semana de outubro. Remata un mes de maxia e gastronomía que fixo as delicias dos asistentes.
O venres, 27 de novembro, o restaurante Casa Pepe “O Piano” de Ribadeo preparará un menú de cadea máxica (milfollas de polbo e minitosta de chicharro en salmoira), apócima branca (bacallao pil-pil), claro de lúa (queixada de ibérico ao Mencía) e pedras filosofais (trufas de chocolate). Actuará o mago Teto logo da cea.
Tamén o 27 haberá menú máxico no Mis en Plas de Burela. Os asistentes degustarán neste caso parella de ases (pastel de bonito e croquetas de xamón ibérico), o truco das moedas (raxo de polbo con mollo e zamburiñas), lúa de sangue (segredo ibérico con redución de Mencía) e tarta encantada (tiramisú). Nesta establecemento estará o mago Rafa.
Xa o sábado, 28 de novembro, será O Almacén, de Cervo, o que ofreza un dos últimos menús máxicos desta edición. Os que acudan a este restaurante poderán gozar de corazón púrpura (mexillóns ao vapor), pote de sapos (salpicón de peixe- sapo), cabaza ensartada (agulla con prebe de cabaza) e doce tentación (torta de galleta). Neste restaurante fará maxia o mago Charly.
Finalmente en Finca Galega, en Alfoz, o menú máxico do 28 de novembro vai consistir en parella de ases (chipiróns e empanada), cunchas máxicas (ameixas en prebe verde), meigallo do porco (solombo de porco á grella con patacas panadeiras) e trucos de vella (milfollas de crema con xeado de limón). O mago Teto será o encargado de amenizar a velada coa súa maxia.
O prezo dos menús máxicos mais actuación é de 25 euros por persoa e inclúe tamén as bebidas: auga mineral, viño tinto ou branco, café ou infusión. As cenas darán comezo ás dez da noite.
Como nas anteriores ocasións, as reservas para esta última fin de semana do Mes da Maxia poden facerse directamente nos restaurantes participantes con 24 horas de antelación como mínimo. O Mes da Maxia conta co patrocinio de Pazo do Mar e de Distribuciones Carreiras.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



