Burela, 16 de novembro de 2015.- O pasado venres, o portavoz do Grupo Municipal Popular burelés, José María González Barcia, mantivo unha reunión co Conselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey Varela, “para intercambiar información e pareceres sobre asuntos competencia desta consellería referidos ó concello burelés, reunión que lle agradezo profundamente ó Conselleiro”.
González Barcia indicou que “o conselleiro Rey Varela levou ampla información acerca dos servicios sociáis no noso concello recollida nun amplo dossier no que van datos que abarcan desde o Centro de Información á Muller hasta a nova escola infantil, pasando polo centro de atención temperá, ou o centro de formación ocupacional de persoas con discapacidade, entre outros servicios que o concello tén dentro da carteira de servicios sociáis, xa que non hai que esquecer que o nivel que tén o noso concello é mui alto, algo que era xa coñecido polo conselleiro”.
O portavoz popular manifestou que “o asunto central da conversa foi a posta en marcha da nova escola infantil. Nese sentido, o conselleiro coincide plenamente con nós, e entende que o que hai que facer é rematar o que falte da obra, que non é moito; dotar á nova escola infantil de mobiliario, persoal, etc., e poñela en marcha canto antes, xa que hai, ou haberá, 41 familias que están agardando a que se abra para poder ter praza pública para outros tantos nenos e nenas.”
González Barcia dixo que “non hai que esquecer que este proxecto nace, medra e case remata co goberno municipal do PP, porque o bipartito non fixera nada ó respecto”.
Barcia indicou que “o Conselleiro de Politica Social nos deixou claro o seu compromiso absoluto neste obxectivo, que entende como prioritario. Desde o PP burelés entendemos que este obxectivo está mui lonxe de outras cuestións colateráis”.
O portavoz popular indicou que “a Xunta, a través da Consellería de Política Social, está cumplindo de forma axeitada cos seus compromisos no tocante á nova escola infantil, e non sería mala cousa que desde o concello se fixese o mesmo”.
Na mesma reunión, José María González Barcia interesouse porque a Consellería de Rey Varela manteña a liña de colaboración que se viña dando hasta o momento, fundamental para manter o elevado nivel de servicios sociáis que tén Burela desde hai xa bastante anos. Nese sentido, e entre outras cuestións, destacoulle a José Manuel Rey Varela “o traballo que se fai desde o centro de formación ocupacional de persoas con discapacidade, para o que é preciso, cando menos, manter as prazas concertadas existentes de cara a garantir o seu funcionamento. Considero que a idea da Consellería vai por aí, e polo tanto creo que o futuro do centro non terá vaivéns”.
Finalmente, González Barcia indicou que “como non pode ser de outro xeito, nós estamos traballando desde a nosa responsabilidade para rematar os proxectos que puxemos en marcha, coma o da nova escola infantil, e para eso, como se ve, estamos tendo reunións periódicas con que tén a correspondnete responsabilidade dentro do goberno da Xunta. E así seguiremos, que ninguén o dubide”.


















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



