O pasado venres 20 de novembro o Grupo Teatral O Centiño de San Martiño representou a súa obra “O Caldeiro Máxico” no local veciñal da parroquia de Santa Cilla. Máis de medio centenar de persoas asistiron á representación, coa que os actores arrincaron moitas gargalladas dos espectadores. A actuación ía incluída no intento do concello de Foz de achegar o teatro ás parroquias do municipio.
