Ribadeo, 19 de novembro de 2015.- O concelleiro de Limpeza Viaria, Jorge Díaz Freije, anuncia que o Concello incrementará a vixilancia nas rúas, xardíns e parques públicos do Concello coa colaboración da Policía Local para que os propietarios de mascotas recollan os excrementos dos seus animais e para que sempre os leven atados. O edil nacionalista sinala que no Concello se están a recibir queixas veciñais alertando destas situacións e da presenza de mexadas nalgúns portais e nas entradas a locais comerciais.
O edil nacionalista explicou que “o Concello de Ribadeo fai unha chamada á colaboración dos donos das mascotas para que lembren a obriga de levalos sempre atados e para que recollan os excrementos de ditos animais das rúas, dos xardíns e dos parques públicos. Vaise intensificar a vixilancia coa colaboración da Policía Municipal en zonas que están moi castigadas por esta falta de civismo dalgúns propietarios dalgún can, entre elas podemos sinalar as rúas Rosalía de Castro, Leopoldo Calvo-Sotelo, Rafael Fernández Cardoso e Picarolas, entre outras”.
Díaz Freije contou que “detectamos e recibimos queixas veciñais por mor das mexadas dos cans en portais e nas entradas dalgúns locais comerciais. Pedimos de novo a máxima colaboración da veciñanza para que isto non se volva producir”.
E engadiu que “todo isto que estamos a pedir, que reiteramos outra vez por activa e por pasiva, é para que Ribadeo mellore día a día e para ter un Ribadeo máis limpo”.





















O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



