Bo partido do Muebles Huertas Lourenzá de autonómica ante o Santa María del Mar Feminino. “Sobre todo, e unha vez máis, en defensa”, destaca o míster, Mariano de la Torre; “a pesar de comezar imprecisas e mellor en ataque”.
“No segundo cuarto puxéronse as pilas e lograron reducir a 3 os puntos logrados polas rivais. Despois, foi fácil manter a distancia e dar minutos a todas”.
De la Torre destaca “as pívots con 12 puntos cada unha; pero, sobre todo, a Carla, que é júnior e saíuse defendendo, atacando e correndo, incluso cun triple ó final como broche do partido”.
Así lograron a vitoria por 34-54 con parciais de 13-15; 3-14; 9-12 e 9-13.
As anotadoras foron María e Marta -con 12 puntos cada unha-, Carla con 11, Ainhoa con 9, Laura con 6 e Iria e Claudia con 2 cada unha.
Con esta vitoria suman dúas consecutivas -trala derrota na primeira xornada ante o CB do Lea- e sitúanse na terceira posición da táboa do grupo norte da Segunda autonómica.
O vindeiro sábado 14 de novembro reciben ás do ES Bazarra Costa da Morte ás 17.00 horas.34-54)