Ribadeo, 12 de novembro de 2015.- Os concelleiros do Grupo Municipal Popular amosáronse preocupados polo elevado nivel de gastos que o Concello de Ribadeo ten que asumir en concepto de indemnizacións por despedimentos de traballadores municipais declarados improcedentes pola Xustiza.
O voceiro popular, Jesús López Penabad, formulará unha pregunta no pleno previsto para as 20.30 horas deste xoves, interesándose polo custe total que para os veciños de Ribadeo están a ter estas condenas.
Penabad denuncia a xestión do alcalde que, tras subir o seu soldo e o do equipo de goberno e persoal de confianza, despilfarra máis diñeiro público perdendo xuízos contra traballadores municipais.
Os populares observan que o nacionalista Suárez Barcia busca culpables fóra e nunca na súa persoa, incluso cando a Xustiza determina que está vulnerando os dereitos laborais dos traballadores aos que cesa do seu posto sen amparo legal.
NOVO CASO DE DESPEDIMENTO IMPROCEDENTE
“Unha vez máis sabemos que o Concello de Ribadeo vese obrigado polos tribunais a pagar unha cuantiosa indemnización debido a desafortunada intervención do alcalde, que considera o Concello como o seu cortixo particular, se ben os gastos non os paga el do seu peto, senon que repercuten no conxunto dos veciños de Ribadeo”.
Os populares queren poñer de manifesto a nefasta xestión do equipo de goberno do BNG que non só está supoñendo ineficacia na gobernanza dos asuntos municipais senón un grave prexuízo económico para o pobo, en conclusión, as actitudes e decisións do alcalde están saíndo moi caro ás veciñas e veciños do municipio.



















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



