CADERNOS DA VIAXE. “Veñen degolar os nosos fillos e as nosas mulleres…
Ás armas, cidadáns”(“La Marselleise”).
O hino francés que cantaban os seareiros do Stade de France despois do seu desaloxo na tráxica noite do venres compúxose no 1792, cando o goberno da Convención, ao xeito da crida da vella Generalitat catalá, chamou ás armas á cidadanía fronte á coalición europea que quería repór Louis XVI. O exército popular formado daquela derrotou aos coaligados monárquicos e os seus oficiais foron a base da temíbel Grande Armée napoleónica.
O inimigo de hoxendía non se enfronta nun campo de batalla, senón que actúa entre nós. Todos somos o seu obxectivo e os seus efectivos amosan total desprezo pola vida propia. Mais de ningún xeito esta cadea de mortes do Isis é un feito novidoso nin un salto cualitativo. Esta caste de atentados e agresións principiaron coas torres xemelgas de Manhattan no 2001 e seguiron co atentado dos trens de Atocha no 2004, xunto con accións semellantes por todo o mundo. Hoxe Isis, onte Al Quaida, mudan as estruturas organizativas e remanece a mesma barbarie islamista (que non islámica), o mesmo desprezo pola vida propia e allea e o mesmo financiamento dende determinados poderes económicos e políticos da Arabia Saudita e dos Emiratos.
Quere isto dicir que as reaccións estilo Guantánamo e Patriot Act (a lei especial promulgada despois do atentado de Manhattan que limitaba substancialmente os dereitos dos presos islamistas dentro e fóra dos USA) non serven. O mundo é aínda máis inseguro logo da súa promulgación. A loita contra o terrorismo islamista require, primeiro de todo, de sentido común. A restrición das liberdades dalle azos ao Isis, que gaña cando acada os seus obxectivos ao renunciarmos, mesmo parcialmente, ao noso réxime de liberdades e garantías e ao uso dos espazos públicos.
Esta loita require dunha planificación coordinada a nível europeo, que trascenda dos marcos dos vellos Estados. Unha planificación que atenda substancialmente aos fluxos financeiros, ás pescudas na web e ao tránsito ilegal de armas. E que implemente unha política de defensa común, afortalando en Siria e Iraq ás institucións curdas na súa guerra contra o Isis.
É un fenómeno que, por desgraza, xa coñecemos. O que compre, pois, é sentidiño e serenidade fronte á barbarie .



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



