A Delegación Municipal de Cultura , dentro da Programación de “Teatro no Outono” , presenta ao Grupo de Teatro A ADALA de Fazouro (Foz) coa obra “Unha morta … moi viva ”.
A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura de Burela ,o vindeiro venres, 11 de decembro ás 21.00 horas. A entrada será libre e a obra destinada para tódolos públicos.
O grupo teatral A ADALA nace en Fazouro no ano 1999 como resposta ás inquedanzas culturais dun grupo de persoas da localidade e contando como lugar de ensaio cun local compartido coas diferentes asociacións da parroquia.
Os obxectivos que se marca o grupo nun primeiro momento son:
-Achegar o teatro afeccionado á zona da Mariña.
-Formar un grupo teatral consolidado.
-Tratar a través das obras teatrais temas de actualidade e de ampla repercusión co fin de sensibilizar sobre comportamentos antisociais, desacertados e irracionais.
O grupo confórmano un grupo de actores que oscila entre nove e quince persoas e conta con Francisco Piñeiro como director das obras.
O seu debut artístico produceuse o nove de xaneiro do ano 2000 coa obra “Andar a comenencia”.
Ente as obras que conforman a traxectoria artística do grupo están:
“Andar á comenencia “, “No San Campio”,”Ferro e fariña”, “Borrando sombras”, “A derradeira batalla do Marqués de Sargadelos “, “A caída do Império”, “Escoitando as cores”, “Fobias de amor”, “Mazás de cuco”, “Ilusións”…
A obra que veremos este venres 11 no auditorio de Burela é “Unha morta…,moi viva”, obra adaptada podo Grupo de Teatro A Adala. Unha comedia na que o medo está presente. Unha muller de avanzada idade e boa posición económica ten dous sobriños que teñen presa por herdar e vivir sen traballar. Conseguirano… ?






















O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



