O pasado venres a asociación de veciños do Burgo de Trasbar organizaron unha xuntanza para decorar o local social para telo ben bonito para as visitas tan esperadas de Papá Noel e dos Reis Magos.
Papá Noel percorrerá a aldea na súa carreta o domingo 20 de decembro a partir das 17.00 horas rematando o paseo no local social, onde atenderá ás nenas e aos nenos que se acheguen a saudalo e faralles entrega dun pequeno agasallo, como anticipo aos que deixará debaixo das árbores dos fogares a noite do 24 de decembro. Antes de partir á súa fábrica de xoguetes para preparar os pedidos, repoñerá forzas cunha merenda xunto ás persoas que vaian a velo.
A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar tamén puido convencer aos Reis Magos para que fixeran un oco na súa apertada axenda e, como se vían moi apurados para estar en tantos sitios á vez o día 5, confirmáronnos a súa visita para o domingo 3 de xaneiro. Chegarán arredor das 17.00 horas nos seus cabalos e percorrerán a aldea, rematando a súa visita no local social. Eles traerán caramelos para todos e a xente de Trasbar terá uns roscóns de Reis preparados para merendar.
Outras actividades
Tal e como veñen facendo dende que naceu esta asociación veciñal, a noite de ano vello reúnense os veciños no local social, logo de tomar as uvas, para facer un brinde e recibir o ano novo xuntos e con alegría.
Dende Burgo de Trasbar lembran que durante todo o ano xuntan alimentos para a xente máis necesitada e que, dun xeito especial, de cara ao Nadal, polo que animan a quen queira e poda a colaborar coa súa achega.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



