O Presidente da Fundación Tic, Darío Campos Conde, mantivo un encontro cos veciños do Valadouro que participaban no obradoiro O móbil como ferramenta diaria, enmarcado dentro das actividades do último trimestre do Centro de Innovación Social InLugo.
Campos Conde destacou no encontro que “tanto na Deputación como na Fundación TIC estamos moi sensibilizados cos nosos maiores e as súas necesidades, pois Lugo está no top ten das provincias máis avellentadas da Unión Europea. Conscientes desta situación, desde a Deputación e a Fundación TIC apostamos nos últimos anos polo envellecemento activo dos lucenses de máis de 55 anos a través de diversos programas xestionados pola Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo”.
“Grazas a estas actividades, pensadas para aumentar a súa autonomía e autoestima, e reforzar as súas capacidades cognitivas e funcionais, melloramos a comunicación dos nosos maiores coa sociedade posto que cun maior coñecemento das novas tecnoloxías poden relacionarse a través delas cos seus familiares e amigos de diferentes idades e lugares”.
O móbil como ferramenta diaria, co que se pretende amosar as vantaxes do uso do teléfono móbil na vida diaria das persoas maiores, posibilitándolles os coñecementos para realizar chamadas de emerxencia ou o uso da alarma e da axenda para recordatorios.
InLugo 2015
O Centro de Innovación Social InLugo, que xestiona a Fundación TIC, pecha o último trimestre de 2015 cun amplo programa destinado aos lucenses de máis de 55 anos. Inclúe obradoiros en diversos puntos da provincia sobre nutrición e o uso do móbil e a tablet na vida cotiá, así como actividades relacionadas con estas festas, que culminarán o 22 de decembro coa xornada Nadal: Sons e Recordos, aberta ao público na sede do InLugo.




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



