Cervo, 29 de decembro de 2015. O vindeiro 4 de xaneiro, luns, celébrase na piscina olímpica de San Cibrao unha nova edición da festa acuática infantil, con actividades e xogos na auga para os rapaces. Así o anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, que tamén deu conta da organización de novos cursos para embarazadas e da ampliación dalgunhas actividades para o ano que vén na piscina.
“O vindeiro luns, 4 de xaneiro, a partir das cinco da tarde, como vén sendo habitual durante estes últimos anos, o Concello de Cervo continúa a estar cos mais cativos, neste caso ofrecendo actividades e xogos acuáticos, con inchables na Piscina Olímpica de San Cibrao, con entrada gratuíta para todos os nenos e visitantes do Concello”, explicou o edil.
Soto anunciou tamén que “na piscina olímpica disporemos desde primeiros de ano de novos cursos para embarazadas e ampliaranse os existentes. A Concellería de Deportes ofertará a partir do vindeiro mes de xaneiro cursos de natación para embarazadas e sesións específicas de natación para niveis medio e avanzado, para socios e abonados da piscina municipal. No caso dos cursos para embarazadas, poderán participar tanto as mulleres que son socias da piscina municipal como as non asociadas. No tocante aos obradoiros de natación, que serán completamente gratuítos, están destinados aos usuarios das instalacións, que inclúen tamén un ximnasio”.
O concelleiro destacou que “o obxectivo do goberno local e do persoal da piscina é fomentar a natación, un deporte especialmente indicado para as mulleres durante o embarazo porque axuda a eliminar os excesos de auga, fortalece os músculos que máis sofren antes e durante o parto, favorece a mobilidade e facilita a relaxación”.
Por outra banda, José Ramón Soto tamén lembrou aos usuarios habituais do ximnasio que está dispoñible o servizo de orientación dos monitores e dunha piscina climatizada, “a única olímpica, con 50 metros de lonxitude, da provincia de Lugo. Os usuarios poden obter importantes beneficios da súa participación nestes obradoiros, pois mellorarán as súas habilidades motrices, aprenderán a controlar a súa respiración e desenvolverán tanto a súa independencia como a súa capacidade para establecer lazos sociais”.
As sesións específicas de natación serán planificadas polo monitor Ramiro Chaves, mentres que as monitoras Lorena da Silva e Rocío Cabaleiro ocuparanse dos cursos de natación para as embarazadas. Calquera persoa interesada en anotarse nas actividades pode achegarse á piscina municipal para obter máis información ou chamar ao número de teléfono 982 59 45 12.
O ano 2016 traerá outras novidades á piscina olímpica, xa que ademais dos cursos para todos os niveis, dende Adaptación a Iniciación e Perfeccionamento, o Concello ten previsto incrementar estas actividades, pasando na etapa de Aprendizaxe, dun a catro niveis, e na de Perfeccionamento, de dous niveis a tres. A de Iniciación continuará cos tres niveis existentes. “O obxectivo destes cambios é que os usuarios da piscina poidan rendibilizar máis as súas actividades acuáticas”, comentou Soto.
Na piscina de San Ciprián xa se están a impartir, para 200 asistentes, cursos de iniciación para bebés (a partir de 0 anos), iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos, aquagim (ximnasia na auga), natación específica para recuperación de lesións, preparación para probas e salvamento, natación para embarazadas e actividades lúdicas e saudables para nenos e nenas.
O concelleiro de Deportes cervense rematou explicando que “todas aquelas asociacións deportivas ou de outra índole da Mariña que o desexen poden acudir ás instalacións da piscina de San Ciprián, contactando previamente por teléfono”.



















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



