Lugo, 17 de decembro de 2015.- Este luns, 21 de decembro, o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga e a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, así como o equipo técnico da consultora Deloga, presentarán ás 20:00h. no Centro Comarcal de Mondoñedo os resultados do proxecto LoCalidade, un plan de apoio para asociacións lucenses que se levou a cabo de maneira experimental nos concellos de Chantada, Guitiriz e Mondoñedo.O martes 22 á mesma hora terá lugar a presentación no Telecentro de Chantada, contando coa nesta ocasión coa presenza de Manuel Varela en representación do Concello; e o mércores 23, tamén ás 20:00h. na Casa Habanera de Guitiriz, con Regina Polin, alcaldesa do municipio.
As asociacións de Mondoñedo, Chantada e Guitiriz foron convidadas a participar nun proxecto pioneiro impulsado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que ten por finalidade contribuír á dinamización do rural provincial mediante o apoio ás diferentes asociacións, entendendo que son axentes activos na transformación do territorio.
O proxecto iniciouse no mes de abril, e a partir de 42 mesas de traballo coñecéronse as problemáticas que afectan ás asociacións e colectivos veciñais, e definíronse, de xeito conxunto e participativo, as 53 actuacións que recolle o plan que se presentarán o luns, martes e mércores desta semana nas correspondentes localidades participantes.
Os tres actos de presentación son de portas abertas a veciñanza, pola que están convidadas todas as asociacións que tomaron parte, así como calquera persoa que desexe asistir.