Burela, 14 de decembro de 2015. Academia A Mariña organiza un curso sobre manipulación de equipos de protección contra incendios que empreguen gases fluorados como axentes externos. Será do 28 ao 30 de decembro.
O director do centro, Ramón Hermida, destaca que “Academia A Mariña é centro autorizado para impartir os programas formativos ás empresas e ao seu persoal que manipulen equipos que conteñan gases fluorados. Esta certificación permítelle ao persoal da empresa desenvolver actividades de instalación, mantemento, control de fugas e recuperación de sistemas frigoríficos fixos, así como de sistemas de extinción de incendios fixos, que utilicen gases fluorados. Dirixida, pois, a persoas que traballen en aire acondicionado, a servizos técnicos de electrodomésticos, reparación e mantementos de cámaras frigoríficas, así como a talleres de automóbiles que manipulen aire acondicionado.
Hermida sinala que “trala publicación do R.D. 795/2010 de 16 de xuño, a calquera traballador que manipule refrixerantes que se utilizan no circuíto frigorífico e de climatización esíxeselles unha certificación a expedir por un centro de formación autorizado, por unha empresa homologada para facer as prácticas e con persoal docente autorizado”.
O curso terá unha duración de 16 horas, 10 horas teóricas a distancia e 6 horas de prácticas presenciais. Desenvolverase, con modalidade semipresencial, os días 28 e 29 de decembro e o día 30 para as prácticas presenciais. As prácticas impartiránse en Burela en horario de mañá e tarde.
Dito curso habilita para a realización de actividades de instalación, mantemento ou revisión de equipos de protección contra incendios que empreguen gases fluorados como axente extintor, incluída a súa recuperación.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



