Lugo, 28 de decembro de 2015.- O portavoz do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, asegurou este luns que “o que España necesita agora mesmo é un Goberno estable que ofreza confianza” e afirmou que “Mariano Rajoy e o Partido Popular traballan con responsabilidade para conseguilo” porque “fomos a forza política máis votada, o partido polo que apostaron máis españois e polo tanto estamos lexitimados para facelo”.
Barreiro recordou que o PP gañou en 13 das 17 comunidades e obtivo 33 deputados e case 7 puntos máis que a segunda forza política, o Partido Socialista. O dirixente popular sinalou que en España, en democracia, sempre gobernou o partido que gaña as eleccións.
José Manuel Barreiro fixo estas declaracións aos medios de comunicación antes de presidir o Comité Executivo Provincial do partido, que se reuniu na tarde deste luns para estudar os resultados do 20-D. Barreiro destacou que Lugo é a quinta provincia española con maior porcentaxe de apoio ao PP, só superada por Ávila e Ourense e prácticamente cos mesmos resultados que Salamanca e Zamora.
Barreiro subliñou que o PP conseguiu na provincia o 42,5% dos sufraxios, o que supón un respaldo do electorado superior en cinco puntos á media que o PP conseguiu en Galicia e trece puntos por encima da estatal. Aínda así, matizou, “traballaremos para recuperar o apoio de todos aqueles que nestas eleccións decidiron non votarnos”.
O presidente do PP de Lugo destacou que os tres senadores e os dous deputados electos polo partido na provincia están xa ao servizo de todos os lucenses e representarán os seus intereses nas novas Cámaras que se constituirán o próximo 13 de xaneiro. José Manuel Barreiro subliñou que a maioría dos españois votaron “pola defensa da Constitución e a unidade de España” e apelou á responsabilidade e ao interese xeral para conseguir un Goberno de futuro que ofreza certidume e seguridade para continuar na senda do crecemento e a creación de emprego.
O senador popular indicou que na provincia de Lugo o partido gañou no 91% dos concellos, é dicir, en 61 dos 67, e puxo de manifesto que en moitos deles fíxoo malia ter alcaldes doutra cor política. José Manuel Barreiro puxo como exemplo o concello da Pontenova, no que gañou o PP, malia estar gobernado polo Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos.
Neste contexto, Barreiro destacou que o PP conseguiu o pasado domingo 20 de decembro, 3,41 puntos máis que nas eleccións locais celebradas fai sete meses; mentres que o PSOE perdeu 8.53 puntos.
Indicou que o Partido Socialista está “en caída libre” xa que, desde as xerais do 2008, perdeu máis da metade dos seus votos na provincia, mentres que o PP mantense nunha porcentaxe prácticamente similar. O dirixente popular sinalou que na cidade de Lugo os socialistas sitúanse xa como a terceira forza política, por detrás do PP e a coalición En Marea.
José Manuel Barreiro pediu que non se repita en España “o desgoberno que temos na Deputación de Lugo”. Recordou que a institución, gobernada por PSOE e BNG, continúa paralizada meses logo da formación do bipartito. “Este non pode ser o exemplo”, matizou. A continuación recordou que con Elena Candia á fronte da institución gobernouse desde o primeiro minuto. “Esta é a diferenza entre o Partido Popular e outros partidos; nós pensamos nas persoas e mentres outros pensan no seu propio beneficio”.
Para finalizar, o presidente dos populares en Lugo agradeceu o apoio a todos os votantes e destacou que, grazas a eles, o PP continúa sendo a primeira forza na provincia, conseguindo 18,53 puntos máis que o PSOE; 23,21 máis que a coalición En Marea; 34,91 máis que Ciudadanos e 38,91 máis que Nós, a marca electoral coa que se presentou o BNG aos comicios.





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



