Foz, 2 de decembro de 2015. A programación cultural para as vindeiras semanas en Foz ofrece unha actividade moi variada, dende teatro afeccionado a espectáculos benéficos pasando polos festivais de Nadal propios destas datas. A concelleira de Cultura focense, Silvia Blach, detallou este mércores a axenda cultural do municipio ata o día 19 de decembro.
“O sábado, día 5 de decembro, temos coa organización de A Subela e o Concello de Foz un festival benéfico, de Anxo Moure, no que se vai falar dun tema para rapaces moi interesante: O Apalpador. É un concerto no que non cobramos entrada pero si pedimos que a xente traia un alimento non perecedoiro para colaborar co Banco de Alimentos de Foz”, explicou a concelleira. Será na Sala Bahía ás 18.00 horas.
“O día 10 temos Cinema no Cenima. Será a última película deste ano, Meu deus, pero que che fixemos. Coma sempre cobramos 3 euros na taquilla, que abre ás 20.00 horas e ás 20.30 comezamos coa reprodución da película. O venres 11 teremos no ciclo de Teatro de Outono unha representación en Marzán, co grupo Axóuxeres. Será ás 21.30 horas e vai ser moi interesante asistir a este evento”, continuou a edil.
O Nadal chama ás portas e serán varios os festivais con esta temática que se desenvolverán nas próximas datas en Foz: “o sábado 12 comezamos xa cos festivais de Nadal, empezamos co Festival en Beneficio do Asilo, que será ás 18.30 horas. Imos ter moitas colaboracións neste espectáculo benéfico a favor do asilo de anciáns, para que pasen un mellor Nadal. O día 18, venres, temos o Festival de Nadal na Escola de Música. Os rapaces prepararán un concerto onde nos van cantar e deleitar, seguro, con todo o que fan. Vai ser ás 20.30 horas na igrexa parroquial de Foz. O sábado 19 celebrarase o XIII Encontro de Canto Coral na Sala Bahía en Foz. Empezará ás 18.30 horas e teremos a actuación de todos os coros e grupos de Foz cantando panxoliñas e cancións dedicadas ao Nadal”, concluíu Silvia Blach.






















A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



