O CD Burela FS Pescados Rubén despide mañá a liga de Primeira RFEF en 2015 na pista murciana do Jimbee Roldán FSF (19.15 horas); este será o terceiro partido das laranxas en catro días, con dúas vitorias en Copa Galicia e a clasificación para semifinais. “O obxectivo son os tres puntos tanto para recibir ben 2016 coma para seguir loitando pola liga” explicaba a moza Emma Losada, unha das caras novas desta tempada, que debutou onte co equipo na cita copeira en Vigo ante o Olivo FSF (0-4), e con gol.
“Estamos cansas, tanto da longa viaxe coma dos partidos, e temos as importantes baixas de Shio e Claudia, pero chegamos ben” admitía con optimismo Emm, pletórica coa súa estrea co conxunto sénior, despois de comezar a tempada con problemas físicos. “Saín nerviosa pero foi moi ben. Estou supercontenta tanto polos minutos coma polo gol, grazas a Maite, que me deu o pase” explicaba a 8 burelista, de 21 anos, amosándose moi agradecida coas compañeiras pola boa acollida: “Estiven lesionada e agora tócame coller o ritmo; dende o primeiro momento todas as compañeiras me axudaron e seguen axudando”, puntualizaba a ex do CD Adarve Lugo, que compatibiliza responsabilidades en Primeira RFEF co conxunto filial en Autonómica: “Encántame axudar en todo o que poida, é un equipo no que as nenas traballan con moita ilusión e moi motivadas; estou encantada de axudar a que este proxecto medre”, falaba así Emm do Burela FS de Liga Galega.
Mañá pola mañá, o equipo ultimará a súa preparación para a cita en terras levantinas con sesión de vídeo.
CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Jozi, 7. Peque, 8. Emm, 9. Gaby, 10. Lara, 11. Ceci, 13. Andrea C., 14. Bea Mateos, 15. Judith, 17. Maite, 31. Eva
Sen tropezo en Copa Galicia
O CD Burela FS Pescados Rubén conseguiu clasificarse para seminifinais de Copa Galicia sen tropezo na fase de grupos. O seu último compromiso disputouno onte con 0-4 ante o Olivo FSF, líder de Autonómica. “Foi un encontro con pouca intensidade, no que as xogadoras máis novas e menos habituais, dispuxeron de máis minutos” explicaba Iván Cao, Lucas, destacando a imbatilibilidade da portería, defendida entre Eva e Andrea. Ademais do tanto de Emma, tamén asinaron goles Maite, Peque e Ceci.
Nos outros dous enfrontamentos, as mariñás impuxéronse 1-6 ao Leis Marcón, de Segunda, e 3-2 ao Poio Pescamar, rival laranxa en liga.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
