18 de decembro de 2015.- A candidatura de En Marea pola provincia de Lugo pechou a campaña con tres actos simultáneos. O número 1 ao Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, participou no acto central de peche de campaña de En Marea a nivel nacional, que se celebrou en Vigo. Ao mesmo tempo, Carmen Granxeiro (número 2 ao Senado), Modesto Renda (número 3 ao Senado) e a eurodeputada Lidia Senra celebraban un acto en Sarria e Rocío Vázquez (número 2 ao Congreso), José Manuel Pérez Afonso (número 3 ao Congreso) e Luis Daporta (número 1 ao Senado) facíano en Becerreá.
A deputada de AGE no Parlamento Europeo, Lidia Senra, comezou a súa intervención en Sarria transmitindo á xente o saúdo de Miguel Anxo Fernán Vello, “que agora está nun acto de peche de campaña a nivel nacional en Vigo”
“Miguel Anxo, este domingo, convertiráse no primeiro deputado nacionalista galego pola provincia de Lugo e formará parte tamén do primeiro grupo parlamentar galego no Congreso das Deputadas e dos Deputados do Estado, o grupo parlamentar de en Marea -asegurou Lidia Senra-. Faremos historia.
A eurodeputada mostrouse convencida de que Miguel Anxo “loitará con todas as súas forzas para defender os nosos intereses, os intereses das clases traballadoras, dos labregos, das labregas, do pequeno comercio, das clases populares en xeral e da maioría social hoxe masacrada polas políticas de austeridade e neoliberais do PP e do bipartidismo imperante ate o de agora”.
“o 20 D votamos en Marea contra a austeridade, votamos pola vida, pola saúde, polo noso futuro”, rematou.
En Becerreá, o número 1 ao Senado, Luis Daporta insistiu na necesidade de recuperar a verdade das palabras e as ferramentas para o estado benestar: sanidade, educación, pensións e dependencia, que son logros de todos nos.
Daporta asegurou que a solución ten que vi da xente, da cidadanía. “As institución non son a solución, senón que son unha parte importante do problema –afirmou-. Os políticos e as institucións públicas non dan sensación de fiabilidade, así que a xente común ten que volver a tomar as rendas da situación. Queremos política para resolver problemas e para iso temos que votar En Marea”, concluíu.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



