Foz, 9 de decembro de 2015.- Durante estes primeiros cinco meses de lexislatura “Foz, Plataforma de Futuro” estivo traballando todos os días en mellorar as condicións de vida dos nosos veciños e veciñas, dende o lugar que nos corresponde como oposición, fixemos todo o posible porque as nosas decisións influirán positivamente sempre no benestar do pobo de Foz.
Neste tempo presentamos numerosas mocións nos distintos Plenos da Corporación Municipal sendo aprobadas todas elas,como por exemplo:
-A construción dun paso peonil para os veciños de Vilaxoane.
-A construción dunha zona de esparcemento para os veciños de San Acisclo.
-As melloras do saneamento para os veciños de Vilaronte.
-Solicitar a inclusión do Concello de foz na rede de C.I.M (Centro de información da muller),etc..
Así como, numerosos rogos como:
-Solicitar o amaño da antiga escola da Hermida para uso dos seus veciños e veciñas.
-A limpeza da rúa Pasadoiro.
-Melloras na Biblioteca Municipal.
-Que se reparen as numerosas farolas do Casco Urbano que lles faltan a tapa protectora dos cables por seguridade,etc…
E numerosas preguntas como por exemplo sobre o
-Dragado do porto.
-A estrada N-642.
-Sobre as novas instalacións da protectora de animais.
-O uso do asilo de anciáns.
-Custo do alumeado de nadal para o noso Concello entre outras.
Nas decisións importantes da Corporación estivemos á altura das circunstancias e:
-Desbloqueamos un punto que levaba moitos anos bloqueado como era o da ubicación da nova depuradora de residuais do noso Concello.
-Estivemos do lado dos país e nais da Escola Municipal de Música para mellorar o seu proxecto educativo.
-E ó lado dos veciños reclamando a baixada do IBI ou Contribución para o ano 2016, entre outras.
Mostramos a nosa satisfacción por ter conseguido nestes cinco meses que se solucionaran xa numerosas reclamacións públicas nos medios de comunicación e xestións cos distintos Concelleiros do equipo de Goberno que “Foz, Plataforma de Futuro” fixo durante este tempo, como por exemplo
-A instalación dunha marquesiña para catro nenos do Colexio Fondo Nois en Ribela-Cangas.
-Cambio de papeleiras en mal estado na Rúa Concepción Arenal.
-Instalación de papeleiras nunha Rúa onde non había como era na Rúa Concello de Barreiros.
-Pintado de vados que estaban sen pintar.
-Melloras no alumeado no barrio de Folgosa en Sta Cilla.
-Limpeza e acondicionamento da Rúa Pasadoiro.
-Reparacións por deterioro da fonte da Glorieta de Villalba.
-A colocación de varandas nas escaleiras de aceso ó palco Municipal.
-Pintado de pasos de peóns.
-Rebacheos dalgunha estrada nas parroquias.
-Mellora do funcionamento do alumeado no barrio de Ribela en Cangas etc.,etc.
Estamos satisfeitos da nosa labor durante estes cinco meses por conseguir influír positivamente en todas estas decisións para os nosos veciños e veciñas.Foron tempos difíciles e duros para os tres Concelleiros de FPF na Corporación,por ser novos neste novo cargo que nos tocou desempeñar, por falta de experiencia e por practicar unha nova forma de facer política, pero todo este tempo nos fixo estar mais unidos que nunca e fíxonos ser mais fortes. Están moitas cousas das que reclamamos no tinteiro aínda, pero non se nos esquecen e seguimos loitando e facendo unha oposición construtiva e vixiante para que sexan realizadas polo actual equipo de Goberno do noso Concello, así como aportando novas mocións, novas reclamacións e seguiremos facendo as xestións necesarias para lograr solucionar os numerosos problemas que seguen tendo os nosos veciños e veciñas.
Así mesmo pedimos ó Alcalde do noso Concello se dé a máxima urxencia posible, en intentar darlle unha solución a unha das últimas mocións que FPF presentou no Pleno de Novembro e foi aprobada por unanimidade, como foi a do arranxo da ponte sobre a vía do tren na parroquia de Nois, no barrio do apeadero, xa que precisamente fai uns días por desgracia os ocupantes dun vehículo sufriron un acidente e casi caen á vía do tren.Esto nos dá a razón e terá que facer ver ás distintas administracións a importante e necesaria obra que esto supón, esperando que non haxa que lamentar novos sustos durante este tempo de espera.
Mentras os grandes partidos tradicionais de sempre están volcados na campaña electoral, con grandes publicidades por medio,prensa, radio, etc..Dende ”Foz,Plataforma de Futuro” seguimos traballando dende a humildade desde Foz e para Foz.


















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



