Barreiros, 9 de decembro de 2015.- No pleno celebrado na mañá deste mércores en Barreiros, despois da solicitude do grupo municipal do BNG, o alcalde e tenentes de alcalde foron sometidos á reprobación da corporación. Coa moción presentada polo BNG todas as concelleiras e concelleiros tiveron que posicionarse sobre se estas tres persoas, á espera de apertura de xuízo oral por un presunto delicto de prevaricación urbanística continuada polo que a fiscalía solicita penas de prisión e inhabilitación, seguen contando ou non co seu apoio para continuar formando a Xunta de Goberno Local de Barreiros. Os votos que obtivo a moción do BNG foron 5 votos a favor e 5 votos en contra, xa que un dos concelleiros que quedan no PP non acudiu ao pleno. “Polo tanto, o Alcalde tivo que facer valer o seu voto de calidade para seguir mantendo a confianza da corporación municipal”, explican desde o BNG. “En caso contrario, de sair reprobada a súa actuación, terían que deixar os seus postos, xa que se explicitaría a falla de apoio da corporación a estas tres persoas para continuar formando goberno en Barreiros.”
Segundo afirmou a portavoz nacionalista en Barreiros, Ana Ermida, “é evidente que o BNG nunca confiou nestas persoas para formar o goberno de Barreiros, pero deberían posicionarse as persoas que quedan militando no PP.” No debate que houbo no pleno non falou ninguén máis que o Alcalde e as dúas concelleiras militantes do PP que acudiron ao pleno só se posicionaron co seu voto en contra da moción do BNG, “polo que entendemos que, aínda que non explicitamente, o Partido Popular está permitindo que Alfonso Fuente, José Manuel Gómez e Lorenzo Penabad continúen como concelleiros do PP”, sinalan desde o BNG.
A formación nacionalista non dubida en cualificar esta situación como “un auténtico engano ás veciñas e veciños de Barreiros, unha fraude democrática de quen, por un lado di que xa non é do PP pero continúa representándoo en Barreiros e, por outro, do propio PP que non quere verse salpicado pola situación de Barreiros, pero que de feito, mantén a estas persoas no goberno por medo a perdelo.”
Os concelleiros implicados negan que sexan non adscritos, a pesar de que a lei di o contrario
Unha das cuestións debatidas no propio pleno é o pase dos concelleiros que abandonaron o PP a formar parte do grupo de concelleiros non adscritos, cuestión que Alfonso Fuente negou en nome dos outros dous concelleiros e que foi rebatida desde o BNG.
A portavoz nacionalista non só acudiu á propia Lei de Bases de Réxime Local que no seu artigo 73.3 di literalmente que “cando a maioría dos concelleiros dun grupo político municipal abandonen a formación política que presentou a candidatura pola que concurriron ás eleccións ou sexan expulsados da mesma, serán os concelleiros que permanezan na citada formación política os lexítimos integrantes de dito grupo político a todos os efectos.”, aplicándose o primeiro suposto recollido neste parágrafo ao caso dos tres concelleiros de Barreiros que deixarían de pertencer ao grupo popular para pasar a ser non adscritos, mantendo a representación do grupo popular as outras tres persoas que manteñen a militancia. Pero ademais, Ana Ermida esgrimiu unha recente sentenza do ano 2014 dun tribunal canario na que se enxuizaba unha moción de censura e que vai máis alá , calificando unha situación similar á barreirense non só como un caso claro de paso ao grupo de non adscritos, senón como un claro de transfuguismo político.
A comparecencia da Xunta de Goberno: “un paripé e unha falta de respecto á veciñanza”
Segundo o BNG “o xeito de contestar ás preguntas formuladas na comparecencia da Xunta de Goberno Local non só non serviu para aclarar nada, senón que o Alcalde pretendeu que fose un simple paripé no que non aclarou ningunha das cuestións plantexadas.”
“En primeiro lugar, pretendeu violar os dereitos que os grupos municipais temos a efectuar preguntas alí mesmo, ignorando o procedemento estipulado legalmente e pretendendo pasar por alto algunha das cuestións plantexadas. E, en segundo lugar, deixou sen contestar gran parte das cuestións e as que respondeu foi mediante evasivas que non aclararon cuestións fundamentais como as consecuencias legais e económicas para o concello nas posibles resolucións.”
A portavoz nacionalista califica esta comparecencia como unha falta de respecto “non cara ao BNG que a solicitou, senón cara ás veciñas e veciños de Barreiros, moitos deles presentes enchendo o salón de plenos na propia sesión a pesar da clara intención do Alcalde poñendo o pleno ás 9 da mañá, que teñen dereito a saber como poden afectar as distintas situacións que se poden dar en Barreiros a un concello que, desde hai dez anos o único que ten son problemas xudiciais e económicos.”



















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



