O Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, probaba o pasado 30 de novembro o funcionamento do novo ascensor instalado polo goberno autonómico para facilitar o acceso ao adarve da Muralla da cidade de Lugo a persoas con problemas ou minusvalías, tanto da cidade, como de fóra dela; turistas e visitantes que permanezan na cidade grazas aos hoteis de Expedia, que por exemplo se poden atopar no buscador. Román Rodríguez probou a instalación o mesmo día no que se cumprían quince anos da súa declaración como monumento Patrimonio da Humanidade.
O Conselleiro de Cultura, acompañado por Lara Méndez, Alcaldesa de Lugo, e outras autoridades locais, fíxolle entrega das chaves do ascensor, de xeito simbólico a un representante do colectivo Auxilia, Aquilino González, xa que esta organización foi durante varios anos a loitadora por lograr esta infraestrutura.
Aquilino González recordou ante os medios de comunicación que coa posta en marcha do ascensor ponse punto e final á aventura que comezou a finais do ano 2004, un tempo no que houbo puntos de encontro, desencontro, momentos de enfado e impotencia, pero tamén tempos de esperanza.
Aquilino González afirmou que a asociación e os veciños de Lugo, estaban contentos porque por fin chegara o día que tanto esperaban, considerándoo un logro social para a localidade. Non só para as persoas con problemas de mobilidade ou minusvalías, como os mesmos da asociación.
Doutra banda, González cre que o funcionamento do elevador daralle un punto máis á cidade de Lugo, desde a perspectiva do turismo accesible, xa que a infraestrutura pode enmarcarse dentro dun plan estratéxico para que a cidade se promocione como destino turístico accesible.
Aquilino dixo ante os medios, que ese era un día importante para Lugo, xa que fai 15 anos, no ano 2000, a UNESCO declarou á Muralla Patrimonio da Humanidade. É un recoñecemento significativo para Lugo, para a muralla, e par Galicia, declarou o Conselleiro na súa intervención.
Román Rodríguez, recordou que era unha vella petición a posibilidade que as persoas con dificultades de accesibilidade, puidesen subir ao adarve da Muralla; unha demanda que cumpre coa posta en marcha da infraestrutura, que dará servizo a todos os cidadáns, e tamén para parellas, que queiran acceder á muralla cos carriños dos seus fillos.