Burela, 18 de decembro de 2015. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, anunciou que o barco museo Reina del Carmen estará aberto os días 28, 29 e 30 de decembro de xeito gratuíto, para que quen o desexen poida visitalo. Moitas familias de Burela reciben aos seus parentes nestas datas de Nadal e o Concello quere aproveitar para que poidan ver o barco.
O rexedor declarou que “parécenos moi importante ofrecer esta posibilidade de visitar o barco museo este Nadal. Agora mesmo estamos agardando para levalo a reparar e preparalo para a seguinte campaña. Pero como agora van vir moitas familias, como é normal, visitar aos seus parentes aquí en Burela, e como é un atractivo que todo o mundo reclama e lle gustará ver, imos abrilo dun xeito gratuíto os días 28, 29 e 30 de decembro. Imos telo aberto de 10 a 13 horas para toda aquela xente que se aproxime a Burela e queira ir cos seus familiares ou dar un paseo ata o barco museo, imos telo aberto eses tres días. É un servizo que queremos brindar aos familiares dos nosos veciños para que poidan levalos alí e ensinarlles algo que chama a atención no noso municipio”.
Nacemento na carpa
Co obxectivo de animar o Nadal en Burela o alcalde proponlles aos veciños e veciñas que participen na elaboración dun nacemento na carpa instalada na praza da Mariña: “queremos facer un nacemento ao que cada un aporte de xeito voluntario aquilo que lle apeteza: o musgo, unha casiña, un pastor, etc, etc… O que imos facer é habilitar unha zona na carpa e desde o 21 ao 24 a mediodía intentar facer entre todos este belén, que despois o Concello se encargaría de iluminar”. Llano dixo que “o que queremos é elaborar este primeiro nacemento que xurde da iniciativa popular e ilo convertendo ano tras a no nunha cita tradicional en Burela. Convido a todos os veciños e veciñas e todos os nenos e nenas da nosa vila a que fagan as súas pequenas aportacións para poder montar entre todos este belén”.
Cambios no tráfico
O alcalde tamén deu conta de como van as obras dos novos aparcamentos na zona dos institutos: “imos rematar no Nadal as obras nas inmediacións dos institutos, estamos facendo enfronte do Perdouro un aparcamento público, para atender as necesidades dos usuarios do instituto, pero tamén do Hospital da Costa. Penso que van coller bastantes prazas alí, vanse abrir, por un lado pola rúa dos Institutos e, polo outro, pola rúa do Parque do Campón, para que se poida por un lado entrar e por outro saír e facelo fácil. Á volta das vacacións imos telo preparado”.
Ademais, Llano lembrou quer “esta mañá se lles entregou unha nota a cada alumno para que os pais, a volta das vacacións do Nadal, poidan usar e empregar ben a nova sinalización viaria que hai nesa zona. Para acceder ao colexio Vista Alegre, imos subir pola rúa dos Institutos, pola rúa dos Colexios ou pola rúa do Torques e logo rúa Mestre don Camilo como dirección única. Faise por dúas razóns; unha, por seguridade, é moito mellor que se saiba de antemán por onde van ir coches, e outra, para gañar moitos aparcamentos que se van abrir aí. Ao ser dirección única, é unha maneira de organizar mellor os aparcamentos e imos gañar bastantes prazas. Como se van acondicionar o da rúa do Instituto e outro enfronte mesmo do Vista Alegre, como vai haber dous aparcamentos por aí, é bo que haxa unha dirección única para facilitar a fluidez do trafico nesa zona. Será a partir do 21 ou do 22 cando a poñamos en marcha. Xa están colocadas as sinalizacións, hai que descubrilas, e o 21 ou 22 xa nos poñemos a funcionar, de tal xeito que hai tempo para acostumarse a esa nova sinalización para que á volta das vacacións de Nadal todos os que van á zona, que son moitos pais e alumnos, xa o teñan claro”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



