Ribadeo, 3 de decembro de 2015.- O BOPA (Boletin Oficial Provincia Asturias) do día 2 de decembro publica o anuncio do proxecto de dragados na canle de As Figueiras para o periodo 2016-1019 e mais o Estudo de Impacto Ambiental que pode leerse en www.asturias.es. Anunciase ademais un periodo de alegacións de 30 días suponse naturais.
Nunha primeira ollada semella que o punto mais conflictivo van ser os verquidos dos materias extraídos nos dragados. Ainda non tivemos tempo de leer os volumes que se van dragar pero resulta obvio que serán moitos miles de toneladas. Respecto dos pontos de verquido puidemos apreciar que se estudan tres posibilidades, todas elas no radio dunha milla da boca da ría. Cando teñamos mais información publicaremos estes datos. Namentras convidamos aos interesad@s a participar nestas elegacións, estudar o proxecto e ponerse en contacto para facer un traballo de equipo.
Come é sabido o Principado de Asturias leva varios anos realizando dragados na canle de As Figueiras e verquendo os materias extraidos a menos dunha milla da boca da ría según temos calculado repetidamente e teñen observado tanto profesionais en activo como xubilados. A opinión xeral é que unha parte deses verquidos volven entrar n aria ou quedan na boca contribuindo a incrementar o volumen da barra natural e dificultando a navegación. Ate agora temos remitido denuncias ás consellerías galega e asturiana en varias ocasións sen conquerir nengunha resposta. Tamén é certo que nunca tivemos a habelencia necesaria para implicar a concellos, partidos políticos, sociedades deportivas e outros colectivos ecoloxistas, profisionais, etc. Cecais agora que estamos na fase de Estudo de Impacto Ambiental se poida facer unha presión mais efectiva, falta saber se se quer.
Polo demais engadir que a nota do BOPA e máis o Estudo de Impacto Ambiental poden ser recorridos en lei, porque fan referencia unha ría imaxinaria, á que chaman “Ria del Eo” e como todo o mundo sabe esa ría non existe e esa denominación non pode ser aceptada en documentos oficiais, pero ao ver as fotos que figuran no expediente evidencia un erro tipográfico xa que se estaban referindo á Ria de Ribadeo.





















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.



