Burela, 19 de decembro de 2015.- E como é posible que… o equipo dun pequeno pobo volva coarse na Copa de España… E como é posible que… o equipo dunha pequena comarca situada no noroeste peninsular volva disputar a Copa de España… E como é posible que… a falta de cinco minutos o soño parecía afastado… e a continuación chega unha remontada eléctrica, apaixonante e baseada na fe e determinación dun grupo que representa con orgullo a Burela, A Mariña, Lugo e Galicia.
Isto é Fútbol Sala!!!! Isto é Burela e aquí hai que… gozar de estar na elite do Fútbol Sala nacional!! Temos o premio da Copa de España pero hoxe máis que nunca queda demostrado que a liña da interpretación do éxito e o fracaso é demasiado fina. Somos un equipo humilde e con esa humildade, con orgullo e moitísimo traballo estamos na mellor Liga do mundo…remando todos cara ao gran sol algunha mareas serán moi produtivas e outras non tanto…pero todos xuntos e no mesmo barco as mareas son mellores!!
O duelo en Antequera comezou con bos síntomas para o Burela Pescados Rubén que marcou o 0-1 por mediación de Chano nada máis empezar tras unha gran xogada colectiva. Con todo a reacción andaluza non se fixo esperar e cos goles e Miguel e Cecilio situáronse cun 2-1 que desconcertou aos mariñaos durante uns minutos. Tras encaixar o golpe, os burelaos atacaron e acosaron a meta local pero sen fortuna no remate. Chano culminou o carrusel de ocasións laranxas cun disparo ao pau e a continuación dobrepenalti a favor do Antequera que Tete non desaproveita anotando o 3-1 co que se chegou ao descanso. Na reanudación, tras varios intercambios de golpes e un ritmo vertixinoso supérase o ecuador do periodo final sen incidencias no marcador. E tras uns momentos de calma, o Burela Pescados Rubén axustou o seu motor para navegar en busca do soño copeiro. Os de Daniel Ibañes apoderáronse da iniciativa e cercaron a meta andaluza que resistía malia todo. Ante a resistencia local, Chino enfundouse a camiseta de porteiro xogador e os burelaos ofreceron un recital de seguridade e determinación. Minuto 35 e Chano reactiva o partido e as ilusións galegas co 2-3 que ten continuación co empate logrado por Chino (3-3) no minuto 38. Un gol separaba aos mariñaos de Guadalajara…e ese gol chegou no último minuto coa firma do lucense Iago Rodríguez que significou o 3-4 definitivo a pesar do arreón final do Antequera e que pasará á breve e intensa historia do Burela Pescados Rubén.
Ficha técnica
UMA Antequera: Alberto, Tete, Cecilio, Da Silva, Miguel -cinco inicial- Óscaro, Crispi, Armando, Lucio, Atienza, Fali.
CD Burela FS Pescados Rubén: Edu, Iago Míguez, Antoñito, Chano, Isi -cinco inicial- Iago Rodríguez, Chino, Bellvert, Helder, Álex.
Goles: 1-0, m.1, Chano; 1-1, m.3, Miguel; 2-1, m.4, Cecilio; 3-1, m.19, Tete (DP); 3-2, m.35, Chano; 3-3, m.38, Chino; 3-4, m.40, Iago Rodríguez.
Árbitros: González Ruano, Rabadán Sáinz. Tarxeta amarela a Chano (m.6), Iago Míguez (m.9), Isi (m.18), Iago Rodríguez (m.19), Antoñito (m.33) do Burela Pescados Rubén. Crispi (m.25), Cecilio (m.33) Tete (m.30) do UMA Antequera.
Incidencias: Partido correspondente á 15ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no pabellón Fernando Argüelles de Antequera. 1.000 espectadores.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
