Lugo, 30 de decembro de 2015.- O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que a Xunta de Goberno da Deputación viña de aprobar diversos pagos cos que a Deputación volve a cumplir, tal e como se facia na anterior lexislatura, nos pagos a provedores “avanzando e pondo fin na dramática situación que deixou o Partido Popular de Elena Candia a esta institución, saldando a débeda de 3 millóns de euros de facturas sen pagar”, destacou Santos Ramos.
“A realidade é que o Goberno de Candia non priorizou en ningún caso o pago de facturas; e non foi un problema de liquidez, tal e como demostramos ata hoxe mesmo. Candia preferiu repartir 5 millóns de euros da Deputación entre os concellos do Partido Popular que facer fronte aos pagos de calqueira tipo de actuación, como poden ser obras en todo o territorio provincial ou mesmo os pagos a provedores da propia institución”.
Santos Ramos informou que “isto supuxo que a Deputación pasase de ser a que máis rápido pagaba as súas facturas, pois hai que lembrar que pechamos o 2014 con 8 días de periodo medio de pago; á situarnos case das últimas, xa que o Partido Popular triplicou, cando menos, esta media. O PP puxo a esta institución á cola no período de pago, lastre que aínda hoxe en día soporta a entidade, e todos aqueles que non poden cobrar tan axiña como o viñan facendo”.
“Desbloqueamos proxectos tan importantes para os veciños como o Ben Empregado, co; o Plan de Impulso do Campus de Lugo; as axudas de cooperación e asistencia aos Concellos, por valor de 2 millóns de euros e que estaban igual que cando deixamos o goberno; as axudas ás asociacións deportivas de toda a provincia, por valor de máis de 600.000 euros; ou máis de 500.000 euros en aportacións á colectivos sosciais e actividades culturais”.
Santos Ramos destacou que “o que fixemos foi solucionar as chapuzas do Partido Popular de Elena Candia, que utilizou esta institución de xeito partidista, interesado e caciquil, e non foi quén, nin tan sequera, de sacar adiante o traballo que xa estaba feito. Incluso prometeron inversións que nin tan sequera deixaron contempladas e que non tiñan consignación presupostaria. O que fixo o PP foi arrasar os cartos da Deputación de Lugo, sen medida e entre os seus”.
COGAMI
A Xunta de goberno aprobou un novo convenio de colaboración con Cogami, dotado cunha achega de 50.000 euros que irán destinados ao Servizo de Intermediación Laboral. A través desta iniciativa, Cogami fixo posible que no último ano, 222 lucenses con discapacidade atopasen traballo en 113 empresas da provincia. A esta partida súmase aos 124.000 euros aportados en 2015, así como outras medidas de apoio á Confederación Galega de Persoas con Discapacidade, como son a cesión gratuíta por 20 anos dunha parcela en Fingoi, ou a contratación de 5 profesionais en paro, a través do programa provincial Ben Empregado.
Con esta axuda, a Deputación atende as peticións deste colectivo, que denunciou que debido aos recortes tanto da Xunta de Galicia como do Goberno Central, que produciron que ao redor do 80% dos discapacitados non reciban ningunha prestación.
O teu esforzo ten premio en Lugo
Na sesión, tamén se deu conta dos beneficiarios de O teu esforzo ten premio en Lugo. Trátanse dos 17 mellores expedientes que resultaron beneficiados doutras tantas bolsas da Deputación, coas que lles custean a matrícula no Campus de Lugo. Son concretamente 12 mellores expedientes de BAC e FP que iniciaron este ano os seus estudos na USC en Lugo, e 5 mellores expedientes de Grao que están un cursar Máster tamén no Campus lucense.
Polo de agora, son 27 os mozos e mozas que non terán que pagar os custes de matrícula no Campus de Lugo grazas ás becas da Deputación; “becas para que as tivemos que abrir un novo prazo de solicitude pois a innoperancia do Partido Popular fixo que quedaran valeiras”, destacou Santos Ramos.






















Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



