O Partido Popular acada o apoio maioritario dos electores lucenses que este domingo 20 de decembro exerceron o seu dereito ao voto. A formación popular é a máis votada (85.810) e logra dous deputados perdendo un con respecto ás xerais do 2011. Así, Joaquín García Díez e o viveirense Jaime de Olano manteñen o seu escaño.
Os socialistas mantéñense como segunda forza (con 48.413 votos) e repiten conseguindo un representante no Congreso, Margarita Pérez Herraiz. Con todo, ambos partidos perden apoios caendo do 56,10 % ao 42,51% dos votos os populares e dende o 28,35% ao 23,98% o PSdeG-PSOE.
A provincia de Lugo estrea representación no Congreso con Miguel Anxo Fernán Vello por En Marea. A coalición de Podemos-ANOVA-Esquerda Unida conseguía o apoio de 38.873 lucenses alcanzando o 19,26% dos votos.
Ciudadanos, con 15.346 apoios e o 7,6% dos votos, non obtén representación. Pero tampouco Nós-Candidatura galega que cae dos 19.811 aos 7208 votos (do 9,15 % ao 3,57%).
O Partido Animalista (PACMA) obtiña 1.580 votos (0,78%), UPyD, 954 (0,47%), Recortes Cero – Grupo Verdes, 431 (0,21%), Comunistas de Galiza, 417 (0,21%) e Partido da Terra, 394 (0,2%).
En Galicia, o PP obtén un total de 10 deputados, mentres que o PSdeG-PSOE e En Marea obteñen 6 cada un. Ciudadanos contará tamén con representación cun deputado pola provincia da Coruña.
PP: 3 A Coruña – 2 Lugo – 2 Ourense – 3 Pontevedra
PSdeG-PSOE: 2 A Coruña – 1 Lugo – 1 Ourense – 2 Pontevedra
En Marea: 2 A Coruña – 1 Lugo – 1 Ourense – 2 Pontevedra
C’s: 1 A Coruña
RESULTADOS POR CONCELLOS DA MARIÑA
Alfoz: PP (509) – PSdeG-PSOE (441) – En Marea (153) – Ciudadanos (44) – Nós-Candidatura galega (26) – PACMA (9) – Partido da Terra (3) – Recortes Cero – Grupo Verde (3) – UPyD (3) – Comunistas de Galiza (1). Nulos (24), en branco (8). Abstención: 427.
Barreiros: PP (885) – En Marea (323) – PSdeG-PSOE (315) – Nós-Candidatura galega (267) – Ciudadanos (93) – PACMA (11) – UPyD (6) – Partido da Terra (3) – Recortes Cero – Grupo Verde (3) – Comunistas de Galiza (2). Nulos (24), en branco (16). Abstención (667).
Burela: PP (1860) – En Marea (1225) – PSdeG-PSOE (1010) – Ciudadanos (442) – Nós-Candidatura galega (227) – PACMA (81) – UPyD (23) – Partido da Terra (12) – Recortes Cero – Grupo Verde (10) – Comunistas de Galiza (9). Nulos (96), en branco (55). Abstención: 2146.
Cervo: PP (1085) – En Marea (932) – PSdeG-PSOE (665) – Ciudadanos (143) – Nós-Candidatura galega (122) – PACMA (29) – Recortes Cero – Grupo Verde (8) – UPyD (6) – Partido da Terra (6) – Comunistas de Galiza (4). Nulos (60), en branco (21). Abstención: 701.
Foz: PP (2183) – PSdeG-PSOE (1463) – En Marea (1342) – Ciudadanos (476) – Nós-Candidatura galega (302) – PACMA (60) – UPyD (33) – Partido da Terra (10) – Recortes Cero – Grupo Verde (9) – Comunistas de Galiza (9). Nulos (105), en branco (82). Abstención: 2046.
Lourenzá: PP (556) – PSdeG-PSOE (452) – En Marea (251) – Ciudadanos (74) – Nós-Candidatura galega (57) – UPyD (7) – PACMA (6) – Recortes Cero – Grupo Verde (4) – Comunistas de Galiza (2). Nulos (33), en branco (19). Abstención: 476.
Mondoñedo: PP (1065) – PSdeG-PSOE (544) – En Marea (411) – Nós-Candidatura galega (107) – Ciudadanos (97) – PACMA (19) -UPyD (10) – Partido da Terra (5) – Comunistas de Galiza (4) – Recortes Cero – Grupo Verde (1). Nulos (43), en branco (27). Abstención: 1028.
Ourol: PSdeG-PSOE (270) – PP (267) – En Marea (74) – Ciudadanos (43) – Nós-Candidatura galega (5) – PACMA (2) – Comunistas de Galiza (2) – UPyD (1) – Recortes Cero – Grupo Verde (1). Nulos (5), en branco (9). Abstención: 266.
Pontenova (A): PP (689) – PSdeG-PSOE (607) – En Marea (181) – Ciudadanos (79) – Nós-Candidatura galega (41) – PACMA (5) – UPyD (4)- Partido da Terra (4) – Comunistas de Galiza (3) – Recortes Cero – Grupo Verde (1). Nulos (32), en branco (19). Abstención: 511.
Ribadeo: PP (2224) – En Marea (1294) – PSdeG-PSOE (1147) – Ciudadanos (510) – Nós-Candidatura galega (379) – PACMA (69) – UPyD (50) – Comunistas de Galiza (22) – Recortes Certo – Grupo Verde (19) – Partido da Terra (9). Nulos (99), en branco (71). Abstención: 2209.
Riotorto: PP (473) – PSdeG-PSOE (212) – En Marea (116) – Nós-Candidatura galega (63) – Ciudadanos (27) – PACMA (3) – UPyD (3) – Partido da Terra (1) – Recortes Cero – Grupo Verde (1) – Comunistas de Galiza (1). Nulos (14), en branco (7). Abstención: 284.
Trabada: PP (361) – PSdeG-PSOE (265)- En Marea (87) – Ciudadanos (41) – Nós-candidatura galega (24) – UPyD (3) – Recortes Cero – Grupo Verde (2) – PACMA (2) – Partido da Terra (1). Nulos (25), en branco (10). Abstención: 224.
O Valadouro: PP (519) – PSdeG-PSOE (436) – En Marea (213) – Ciudadanos (54) – Nós- Candidatura galega (49) – PACMA (9) – UPyD (4) – Comunistas de Galiza (3) – Partido da Terra (1) – Recortes Cero – Grupo Verde (1). Nulos (41), en branco (12). Abstención: 419.
O Vicedo: PP (649) – PSdeG-PSOE (211) – En Marea (155) – Ciudadanos (77) – Nós-Candidatura galega (35) – PACMA (11) – UPyD (3) – Partido da Terra (1). Nulos (26), en branco (14). Abstención: 411.
Viveiro: PP (3286) – PSdeG-PSOE (2322) – En Marea (2102) – Ciudadanos (708) – Nós-Candidatura galega (337) – PACMA (99) – UPyD (53) – Comunistas de Galiza (33) – Recortes Cero – Grupo Verde (30) – Partido da Terra (16). Nulos (161), en branco (102). Abstención: 3518.
Xove: PP (1043) – En Marea (449) – PSdeG-PSOE (402) – Ciudadanos (148) – Nós-Candidatura galega (137) – PACMA (19) – UPyD (13) – Comunistas de Galiza (7) – Partido da Terra (5) – Recortes Cero – Grupo Verde (3). Nulos (50), en branco (17). Abstención: 566.
O PP gaña en tódolos municipios da Mariña agás en Ourol onde é superado polo PSdeG-PSOE
Descenso de apoios ao PP e PSdeG-PSOE na Mariña
En Marea irrompe como segunda forza en Barreiros, Burela, Cervo, Ribadeo e Xove
Nós-Candidatura galega (BNG) deixa de ser a terceira forza e cae ata a quinta posición