Aproveitando a primeira Xuntanza de Nadal do Toxiza Clube de Montaña, presentábase o pasado sábado 26 de decembro a sección TCM-BIKE: ciclismo, BTT e MTB.
A xornada comezaba ás 09.30 horas poñendo rumbo á Pena da Roca a pe, en bicicleta de montaña ou facendo unha ruta na bicicleta de carretera.
Todos estaban de volta na Praza da Catedral arredor das 13.30 horas para repoñer forzas cun xantar.
A xornada pechouse coa presentación e asemblea onde a directiva presentou as actividades que se levarán a cabo no 2016.