Burela, 17 de decembro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén pechará este venres a primeira volta cunha fazaña posible, con corenta minutos por diante para loitar por un gran premio. Desde a novena praza (18 puntos), o conxunto mariñán pelexará mañá por unha praza para a Copa de España Guadalaxara 2016 na pista do UMA Antequera, a partir das 21.00 horas (Fernando Argüelles, horario unificado). A Mariña poderá seguir en directo o encontro por streaming con LNFS Directo.
Estamos a un paso e todo é posible. Un gran galardón para os obxectivos burelistas. Xa o conseguimos unha vez, escribindo con letras de ouro na nosa historia un prestixioso debut na cita copeira en Cidade Real 2015. Esta pode ser a segunda.
O Burela FS Pescados Rubén tirará de ilusión e garra para cumprir cos seus deberes; facer seus os tres puntos na pista de UMA Antequera, penúltimo clasificado (6 puntos) e que ata agora non coñece a vitoria na casa. Aínda que non só depende do Pescados Rubén; despois haberá que esperar ao que ocorra co actual oitavo clasificado, DLink Zaragoza, que visitará o impoñente ElPozo Murcia con 1 só punto de vantaxe sobre os laranxas.
Último adestramento. Despois da esgotadora viaxe desta noite, os de Daniel Ibañes terán hoxe día de descanso; o equipo mariñán realizará o último adestramento antes da gran cita mañá pola mañá.
Convocatoria CD Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 13. Álex, 17. Carlitos, 18. Jorge Bellvert, 20. Chino, 23. Antoñito, 30. Hélder
Desde A Mariña, chegaravos o alento da Marea Laranxa. ¡Moita sorte!




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
