18 de decembro de 2015.- Este 17 de decembro, celebrouse no Hotel Nordés de Burela a Festa de Fin de Ano da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, cunha comida-baile, na que participaron 54 persoas, entre usuarios, monitores e distintos profesionais.
E por suposto todos cantaron e comeron as uvas ó son das badaladas para celebrar a chegada do ano 2016.
Foi unha tarde chea de sorpresas que comezaron pola entrega dos diplomas aos usuarios que conforman o grupo de teatro da Asociación “A Mariña”, como recoñecemento a súa participación en distintos certames e ao esforzo que fan en cada actuación por brillar con luz propia.
De seguido no salón reinou a maxia e a ilusión que veu da man do sorteo de distintos agasallos.
Para isto, contaron coa colaboración de distintas entidades, que permitiron, cos seus obsequios, que celebrasen un sorteo entre todos os usuarios.
Cabe, por tanto, dar as grazas a Eroski Burela, Floristería Alecrín, Farmacia O Parque, Carlin, Distribuciones Fraga, Celso Míguez, Quelvi, Farmacia de Nois, Ferretería El Puente e Construdecco pola súa contribución nesta xornada de confraternización.
Foi unha festa chea de ledicia, na que aproveitaron para desexarse unhas boas festas e despedir o ano conxuntamente.
Entre os desexos para o vindeiro ano, pedíronlle ós Reis Magos unha maior sensibilidade e loita contra o estigma das enfermidades mentais, porque calquera a pode sufrir.
Por iso, lembraron unha vez máis o lema deste ano “PONTE NO MEU LUGAR. CONECTA CONMIGO”




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



