Madrid, 20 de xaneiro de 2016.- “Mondoñedo como cidade turística” foi o lema da presentación realizada este xoves pola alcaldesa desta cidade lucense, Elena Candia López, na sé da Delegación da Xunta de Galicia en Madrid-Casa de Galicia, para promocionala turísticamente e dar a coñecer a súa riqueza cultural, patrimonial, artística e de natureza. A alcaldesa estivo acompañada polo delegado da Xunta de Galicia en Madrid e director da Casa, José Ramón Ónega López, nun acto que presidiu o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, e ao que acudiron destacados lucenses radicados na capital como os empresarios Francisco Cal Pardo e José Cerdeira, os xornalistas Jenaro Castro e Elías Rodríguez, os deputados Joaquín García Díez e Jaime Eduardo de Olano e o ex alto cargo do Ministerio de Agricultura Francisco José Simón Vila.
Ónega declarou a súa admiración por Mondoñedo, ó que cualificou de “un símbolo, unha referencia, un amor” e recordou algúns dos seus lugares emblemáticos e dos seus fillos ilustres. Tamén Romay enxalzou a importancia da cidade, da que dixo que lle recordaba á súa Betanzos natal, coa que comparte algunhas das súas peculiaridades: foi capital do antigo Reino de Galicia, teñen importantes cascos históricos, festas locais e belezas naturais, das que destacou no caso de Mondoñedo a súa afamada Cova do Rei Cintolo, así como a beleza de toda a comarca da Mariña lucense.
A alcaldesa referiuse aos atractivos turísticos que o municipio estructurou en seis produtos nos que ofrece diversas actividades aos visitantes: Arte e literatura, coa figura de Cunqueiro como faro literario e a de Pascual Veiga no ámbito da música; Historia e Arqueoloxía, que afunde as súas raíces na prehistoria e no que destaca o conxunto histórico-artístico arredor da Catedral; Artesanía, tradición que se mantén viva no barrio dos Muiños; Natureza, con lugares de interese paisaxístico e importantes covas, entre as que destaca a Cova do Rei Cintolo, a máis grande das visitables de Galicia e, en palabras de Candia, “unha verdadeira viaxe ao centro da terra”; o Camiño Norte, destacando que a de Mondoñedo é a última catedral desta ruta antes de chegar á de Santiago; e Gastronomía, na que destacou de entre unha ampla oferta de produtos a Tarta de Mondoñedo.
Candia tamén resaltou na promoción da cidade a celebración da feira tradicional As San Lucas que se celebra, desde 1156, o 18 de outubro e puxo en valor o mercado medieval que ten lugar no casco histórico de Mondoñedo, na praza da Catedral, o segundo sábado de agosto.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



