Foz, 8 de xaneiro de 2016.- A fin de semana do 16 e 17 de xaneiro celebrarase en Foz a XIII Festa do Chícaro, ou berberecho, un evento que volverá ofrecer degustación de distintos pratos deste bivalvo elaborados por alumnos da escola de Hostalería focense, ademais de actividades divulgativas durante os días 13 e 15. O pregoeiro desta nova edición será Ramón Fernández, Moncho de Chila, segundo anunciou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, que presentou na mañá deste venres o festexo gastronómico xunto ao concelleiro de Mar, Pedro Fernández Manín, e ao presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e do Centro Comercial Aberto focense, José Carlos Paleo López.
O rexedor municipal manifestou que este venres “despois dunha campaña intensa de Nadal, presentamos a XIII Festa do Chícaro de Foz, a festa do berberecho. Son xa 13 anos e a verdade é que estamos moi contentos de continuar con esta tradición en xaneiro. Estamos en época de chícaros e este bivalvo volve ter un protagonismo especial neste mes”.
Ademais Javier Castiñeira explicou que “a festa empezará o día 13 porque como en anos anteriores temos unhas xornadas divulgativas nos centros de ensino de Foz con técnicos da Xunta, concretamente Natalia Rodríguez Palmeiro, para explicarlle aos nosos rapaces o que é o cultivo deste bivalvo; e logo xa comezaríamos o forte o venres 15 ás 20 horas no salón de actos da Casa da Cultura coa proxección dunha película, O mar de Foz, sobre a historia marítima da nosa vila, feita por Xesús do Breogán”.
O alcalde engadiu que nesta edición hai algunha novidade na organización da festa, moi vinculada á hostalaría local e a tradición mariñeira de Foz: “hai un cambio con respecto a outros anos porque o pregón realizarase o sábado 16, coa apertura da propia festa na carpa, e farao Ramón Fernández Fernández, Moncho de Chila, unha persoa moi querida en Foz, con longuísima tradición mariñeira e que leva participando moitos anos en toda a actividade local e en actos vinculados á propia festa do berberecho, como son os Cantos de Taberna. Moncho de Chila pertence á peña Os Lapeiros, ben coñecidos e relacionados con estes cantos de taberna, todo vinculado propiamente á hostalaría. Moncho, coa súa marabillosa voz, é ben coñecido tamén por isto, así que estamos encantados de que sexa o pregoeiro pola súa grande relación co berberecho. A partir do pregón xa se abre a festa o sábado 16 e tamén o domingo. O menú serán chícaros en empanada, á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá. Os pratos cociñaraos o departamento de hostalaría do IES de Foz, volvendo un pouco á tradición orixinal desta festa, e os prezos non varían con respecto ao ano pasado, seguen sendo 4 euros cada ración, incluído o pan. Unicamente queda invitar a todos a que a fin de semana do 16 e 17 de xaneiro visiten Foz e veñan comer e probar o chícaro, gózalo e pasar unha boa xornada”, rematou Castiñeira.




















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



