A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa, no boletín nº10/71GAL emitido este martes 5 de xaneiro ás 08.30 horas, que se estende ao litoral de Lugo o fenómeno previsto de nivel laranxa por Mar Combinada no litoral de A Coruña e das Rías Baixas de Pontevedra. Ondas de máis de 5 metros se agardan na Mariña a partir da media tarde.
Pero, a alerta estenderase tamén para o día de Reis e o xoves 7 de xaneiro á que se engade un aviso amarelo por refachos de vento que poden superar os 80 km/h en calquera punto da comunidade galega.
Nese sentido, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior aconsella adoptar medidas preventivas ante as citadas predicións meteorolóxicas e, no seu caso, alertar ou mobilizar aos medios e recursos dispoñibles.