Mondoñedo 2 de xaneiro de 2016.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou este sábado a hostaleiros e asociacións o plan de traballo do Concello de Mondoñedo en materia turística para o ano 2016. A popular entende o turismo como un dos principais xeradores de recursos e un dos sectores estratéxicos da localidade e, polo tanto, un importante dinamizador da economía local. Así, Candia defende unha programación turística “centrándonos prioritariamente en accións concretas e obrigándonos a ter resultados a curto prazo”.
Tras analizar os principais problemas que afectan ao turismo local, entre os que citou a falta de planificación; a alcaldesa deu a coñecer as actuacións máis inmediatas e outras que se realizarán a medio prazo, ademais de anunciar a creación da marca Na Mariña Lucense…MONDOÑEDO…mil historias para vivir. A reunión co sector, celebrada esta mañá no salón de plenos do Concello, tamén lle permitiu á rexedora recoller as opinións tanto dos hostaleiros como das asociacións.
ACTUACIÓNS INMEDIATAS
Entre as actuacións máis inmediatas e que requiren poucos recursos, a popular citou a necesaria retirada dos carteis das obras, a limpeza de graffities na Praza de Abastos e na Casa da Cultura, o adecentamento de xardíns, a posta en valor de recursos como A Fonte Vella (iluminación, intensificación da limpeza, colocación de teas para as pombas…) e a reorganización de contedores, entre outras.
ACCIÓNS A MEDIO PRAZO
En canto ás accións a desenvolver a medio prazo, o plan de traballo en materia turística do Concello de Mondoñedo inclúe melloras na sinalización, ata en tres idiomas, ademais de incrementar os puntos de información turística. A maiores, a popular defendeu a necesidade de sacar adiante iniciativas de mellora para o tráfico, como son a retirada de todos os obstáculos da Praza do Seminario, ou a dotación de aparcadoiros sinalizados para buses (o que se lle ofrecerá ás axencias de viaxes). Por último, xa no mes de xaneiro, modificarase a ordenanza de ornato público, que incentivará a limpeza de inmobles privados.
CREACIÓN DE MARCA E DE SEIS PRODUTOS TURÍSTICOS
A popular Elena Candia tamén anunciou a creación da marca Mariña lucense…MONDOÑEDO…mil historias para vivir. Explicou que se respectará o xeodestino pero que se potenciará o concepto de “historia”, moi propio de Mondoñedo. Deseñarase un logotipo, que se reproducirá en produtos de merchandising, o que “permitirá a xeración dalgún recurso pero que servirá principalmente como estratexia de marketing”, matizou.
Durante a reunión, a alcaldesa tamén pediu as propostas dos hostaleiros e das asociacións “xa que será imprescindible a colaboración de todos” para a creacións de seis produtos turísticos.
1.- Mondoñedo é… Arte e literatura: A Catedral, roteiros literarios (Álvaro Cunqueiro e Leiras Pulpeiro), Centro Cultural da Alcántara, música, museos…
2.- Mondoñedo é… Historia e arqueoloxía: A cova, o Castro de Zoñán, o casco histórico, a Catedral e patrimonio arquitectónico…
3.- Mondoñedo é… Artesanía: talleres de artesanía (taller de pedra, serigrafía, alfarería, cartón …), Feira de Artesanía…
4.- Mondoñedo é … Natureza: rutas de sendeirismo ( a da Auga e a da Fraga Vella), Cova do Rei Cintolo, barranquismo, camping…
5.- Mondoñedo é … Camiño: elaboración dunha guía de recursos para a campaña específica de Mondoñedo como final de etapa, mellor atención ao peregrino, produtos específicos, novas iniciativas privadas…
6.- Mondoñedo é… Gastronomía: especial promoción da Tarta de Mondoñedo con visita aos obradoiros, aposta pola horta mindoniense, posta en valor do recetario de Álvaro Cunqueiro….
DAR A COÑECER O PRODUTO
Para dar a coñecer o potencial turístico de Mondoñedo e a creación dos seis produtos turísticos, ademais da creación de Marca, tamén se elaborará un díptico xenérico cos seis produtos, crearase unha conta específica en facebook, así como unha páxina web (que se presentaría en Semana Santa) e un vídeo promocional de 4/5 minutos. Amais, reforzaríase a oficina de turismo e máis prevese a aprobación dunha ordenanza para xerar algún ingreso, como por exemplo, a través do cobro por visita guiada con prezo atractivo.
Outras das accións, son a da presentación á asociación de guías turísticos e ás federacións e asociacións de axencias de viaxes; o intento de celebración dunha fram trip, coa colaboración de outras administracións; e a promoción con puntos de información en lugares estratéxicos (praia das Catedrais, eventos multitudinarios da comarca…).
FITUR
A alcaldesa de Mondoñedo tamén asistirá a Fitur 2016, o próximo 21 de xaneiro, onde manterá reunións con ata 30 axencias de viaxes e intentará acadar acordos con outras institucións.























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



