Reparto de puntos para os equipos lucenses da Terceira Divisón tralo seu encontro na Magdalena o sábado 9 de xaneiro.
Gerardo marcaba para os vilalbeses no minuto 8 deste primeiro partido da segunda volta, pero Santi lograba empatar para o Ribadeo no 21. O equilibrio marcaba a primeira metade, pero os celestes lograban chegar ao descanso co 1-2 tras o gol de Iván González que militara nas filas do Racing Club Villalbés a pasada temporada.
Os mariñáns centráronse en manter o resultado, pero na metade do segundo tempo Álex empataba tras unha polémica acción e, pouco despois, Gerardo volvía adiantar aos chairegos. Finalmente, Rafa Casanova poñía o empate no electrónico grazas a un penalti no 85.
A pesar dun bo partido, os de Germán e Vilachá continúan na última posición da táboa con 16 puntos e a vindeira xornada reciben ao segundo clasificado, o Cerceda, que suma 39 puntos.