O Grupo Galipizza anunciaba hai uns días o nacemento da súa nova hamburguesa de merluza do pincho, que recibirá o nome de «Mariña» en homenaxe á comarca onde naceu a empresa hai 22 anos e que, coa actividade dos portos de Celeiro e Burela, tamén é a maior potencia europea na pesca da merluza do pincho.
Esta hamburguesa é unha das principais novidades da nova carta que Galipizza lanzará entre febrero e marzo, se ben xa se poderá degustar próximamente nos seus locais de Covas-Viveiro, Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela, Gijón, A Coruña e Oviedo.
O “bautizo” desta nova “nena” de Galipizza celébrase este xoves 7 de xaneiro cunha degustación gratuíta entre os clientes do local orixinario de Galipizza en Covas-Viveiro, ubicado precisamente enfrente ao porto de Celeiro, coa ría de Viveiro en medio, que coa súa merluza do pincho “Gran Sol” convertiuse en 2002 no primeiro produto fresco procedente do mar comercializado co selo de garantía “Galicia Calidade”.
Anque a merluza do pincho xa é de sobra coñecida e valorada nos mercados e na gastronomía, esta nova aposta de Galipizza será un gran escaparate para a merluza do pincho e todo o sector da pesca artesanal da Mariña de Lugo.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



