Burela, a 30 de xaneiro de 2016.- O portavoz municipal do PP e exalcalde José María González Barcia asegurou este domingo que “a nova escola infantil pode non abrir as súas portas en setembro porque o alcalde non está a cumprir nin un só dos compromisos adquiridos no seu día polo concello para poñer en funcionamento esta nova dotación de servizos”.
Así, o portavoz popular afirmou que “o alcalde nin fixo a conexión á rede de sumidoiros nin ó subministro eléctrico e non abonou nin un só euro dos que lle corresponderían ó concello polas obras, habendo, como había, partida presupostaria debidamente consignada nos presupostos de 2015”.
Barcia considera que “deste xeito, 41 familias poden verse privadas, polos caprichos e inacción do alcalde, dunha praza pública para nenos e nenas de 0 a 3 anos, traendo consigo que haxa familias que se marchen a vivir fóra de Burela. Neste senso, hai que lembrar que Burela perdeu poboación en 2015; e, por riba, a postura do alcalde está impedindo a creación de postos de traballo”.
González Barcia fixo estas manifestacións logo de que recentemente se reunira en Santiago con Xerente do Consorcio de Servicios Sociais, Perfecto Rodríguez Muiños, ente de quen depende a educación infantil 0-3 anos e tamén as escolas infantís. Ademais, e como se recordará, a mediados de novembro tamén se reunira con Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey. “Nós, indicou Barcia, estamos facendo un seguemento desta importante dotación en materia de conciliación da vida familiar e laboral porque é un proxecto e unha obra que comenzamos, que consideramos fundamental para Burela e da que xa advertimos que suporía un esforzo económico para o Concello; pero é mellor investir os cartos en escolas infantís ca en festas e parrandadas”.
O portavoz dos populares indicou que “o alcalde leva con este asunto desde que tomou posesión, vai xa para oito meses, pero a día de hoxe nin fixo nada nin falou con ninguén: todo o que fixo foi larear e laiarse na prensa, comunicarse coa Xunta a través da prensa, pero nada máis, o que consideramos unha auténtica irresponsabilidade. Aínda que isto non nos sorprende, é a súa forma de actuar”.
“Ademais, engadiu o popular, o argumento do alcalde de que se o cofinanciamento da obra é competencia ou non do concello cáese polo seu propio pé, porque o convenio asinado entre o concello e a Xunta é anterior á aprobación da Lei de Racionalización das Administracións Públicas”.
Barcia asegurou que “a Xunta cumpliu co establecido, e está á espera de que o alcalde cumpla o que tén que cumplir para dotar de mobiliario á nova escola infantil, programar a dotación dos postos de traballo e acoller á 41 nenos e nenas de outras tantas familias que o único que queren é poder levar ós seus fillos a unha gardería, e que non van entender cómo un alcalde pode incumprir un convenio asinado con todas as da lei, lle guste moito, pouco ou nada ó actual rexedor”.
“Por eso, aseverou González Barcia, desde o Grupo Municipal Popular pedímoslle ó alcalde que deixe de salir na prensa con este asunto, e que faiga o que tén que facer, cumplir cos compromisos que tén a adquiridos o concello para que a Xunta poida abrir a nova escola infantil”.
González Barcia finalizou decindo que “os compromisos asumidos no seu día polo concello son idéntico ós asumidos polos outros once concellos galegos (do PP e tamén do PSOE) que no seu día tiveron cabida no programa EDUCA3 asinado entre a Xunta e o Goberno do Estado e puideron acollerse ó mesmo”.