InLugo achegou as novas tecnoloxías a un total 1.000 maiores da provincia a través de formación gratuíta destinada a fomentar o envellecemento activo. Así o informou a vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, no balance realizado este luns sobre as actividades do InLugo. Porto aproveitou tamén para informar dunha nova convocatoria de 12 cursos para o ano que comeza. “Ao longo de 2015, a Fundación Tic organizou 94 cursos en máis de 30 concellos e parroquias da provincia, nos que houbo un total de 1657 inscricións, debido a que algunhas persoas se apuntaron a varios cursos”. Os cursos tiveron un enorme éxito e foron moi valorados polos Concellos, xa que permitiron ás persoas maiores traballar a memoria, atención, linguaxe cálculo e familiarizarse coas novas tecnoloxías, moi útiles no seu día a día.
As sesións formativas celebráronse ao longo do pasado ano nas propias instalacións do InLugo, en Consistorios, centros sociais e residencias de maiores duns 30 Concellos do norte, sur e centro da provincia. Foron accións formativas sobre Internet, manexo de móbiles, redes sociais ou fotografía, entre outros moitos, nos que traballadores da Fundación TIC ensinaron os maiores como desenvolverse coas novas tecnoloxías para mellorar a súa calidade de vida e fomentar o envellecemento activo.
Os cursos do InLugo teñen máis e máis demanda cada ano. Por este motivo, no 2016 a Fundación TIC continuará coa encomenda de xestión do Centro de Innovación Social, que está dotada de 150.000 euros, para organizar máis cursos con persoal e medios materiais da TIC.
De feito, a Deputación de Lugo ten programada a celebración doutras 12 actividades nas que poderán participar outros 180 maiores.
Son os seguintes cursos:
– Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece o teu ordenador;
– Mantemos en forma o cerebro coa Wii
– Que son as redes sociais: descobre Facebook
– Atréveste con Internet? Axudámosche (2 edicións);
– Ximnasia mental coa Tablet
– Escribe no teu ordenador empregando un editor de texto
– Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa Tablet
– O carteiro en internet: que é o correo electrónico
– Organízate co teu móbil
– Exercicio mental co ordenador
– e Avanza e coñece todo o que poidas facer co teu smartphone.
Neste caso, terán lugar nas instalacións do InLugo. Abriremos o prazo de inscrición o vindeiro luns, 11 de xaneiro. Coma sempre, os interesados poderán anotarse acudindo ás propias instalacións, chamando ao 982-22-51-86 ou na web da Funación TIC.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



