Cervo, 16 de xaneiro de 2016. O BNG – ASEMBLEAS ABERTAS pedirá explicacións ao goberno municipal pola decisión do Partido Popular de aceptar o estudo de detalle promovido por unha particular no solar anexo ao Museo do Mar de San Cibrao, a pesar de afectalo e de contar cun antes de aprobalo cun informe xurídico encargado polo propio alcalde á deputación que non recomendaba a súa aprobación e agora foi tido en conta polo TSXG para a anulación deste acto.
A formación nacionalista acusa ao alcalde e ao seu grupo de goberno de someterse a intereses privados no lugar de defender o público como corresponde á administración, moito mais cando un dos bens afectados era o Museo do Mar de Titularidade municipal.
“Incumprir a legalidade tendo coñecemento do que se fai ten un nome no argot xudicial que hoxe non toca poñer”, afirmou Bernardo Insua
O informe de data 9 de xullo de 2012 emitido polos servizos xurídicos da deputación e encargado polo alcalde, “deixaba claro o incumprimento da normativa urbanística municipal para solo cualificado como Residencial Mixta e estimaba que a administración para este tipo de solo non ven obrigada a adoptar a ordenación proposta por particulares”. Segundo o portavoz municipal nacionalista estamos diante de dous feitos graves: “1º) incumprimento consciente da normativa urbanística municipal e 2º beneficio a intereses privados por riba do interese público”, afirmou Luís Bernardo Insua.
“A consecuencia deste acto non só revalorizaba o solo e aumentaba edificabilidade a un particular, ademais afectaba de xeito negativo a un ben de titularidade municipal como é o Museo do Mar, é evidente que o goberno municipal debe dar explicacións” afirmou Bernardo Insua, quen engadiu que “incumprir a legalidade tendo coñecemento do que se fai ten un nome no argot xudicial que hoxe non toca poñer”
Hipocrisía política de Villares
Para o portavoz nacionalista o alcalde actúa como un hipócrita “non vale con que agora Villares, unha vez coñecida a sentenza, queira resituarse agradecendo o traballo neste caso do BNG na Deputación de Lugo que presentou contencioso administrativo contra o acordo plenario, Villares foi responsábel cando o aprobou no pleno de 5 de decembro de 2012 e sígueo sendo hoxe”.