O Concello de Viveiro publica a correción de erros detectados na proposta de resolución publicada este xoves 7 de xaneiro no taboleiro de edictos e na web do Concello (www.viveiro.es) pola que se aprobaba a lista de admitidos e excluídos, se nomeaba ao tribunal cualificador e se fixaban as datas para a celebración do concurso do proceso para a selección dun peón de servizo de obras e un operario de protección civil que prestarán servizos temporais no Concello.
Téndose verificado un erro material, o Concello procede á corrección das eivas detectadas. A modificación, que se dará a coñecer a través dos mesmos medios que a resolución anterior, afecta ao punto 3º da resolución. Onde di “citar aos membros do tribunal para constituírse e para realizar a valoración de méritos acreditados polos aspirantes para que comparezan, no salón verde da Deputación de Lugo, o venres 8 de xaneiro ás 10.00 horas”; debe dicir: “citar aos membros do tribunal para constituírse e para realizar a valoración de méritos acreditados polos aspirantes para que comparezan, no salón verde da Deputación de Lugo, o mércores 13 de xaneiro ás 10.00 horas”.