As actividades previstas para esta última semana de Nadal no Vicedo inclúen a presentación das webs do Concello e unha viaxe a Xuvenlugo.
O xoves 7 ás 19.00 horas na Casa da Cultura terá lugar a presentación das webs do Concello de O Vicedo, tanto o portal cidadán como o portal turístico. Asistirán os responsables da empresa que deseñou ás webs así como responsables municipais e técnicos que participaron nos contidos.
E o sábado 9, con saída da Casa da Cultura ás 14.45 horas, está prevista a viaxe a Xuvenlugo. Dous autobuses fletados polo Concello do Vicedo desprazaranse ao recinto feiral de Lugo para que nenos, mozos e familias poidan disfrutar das atraccións para todas as idades alí dispoñibles. O Concello sufraga os gastos de autobús e entrada.